Diferenzas entre revisións de «Pinche»

m
sen resumo de edición
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))
m
[[Ficheiro:Casa Rural Abadía Eiras (3792334124).jpg|miniatura|Abadía do século XVIII en San Bertomeu de Eiras, [[O Rosal]], convertida en casa rural. Apréciase a [[solaina]] e o muro pinche.]]
 
O '''pinche'''<ref>{{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=pinche&sinom=0&homonimo= |título=Definición e denominación en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=21 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141021084854/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=pinche&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=21 de outubro de 2014 |urlmorta=si }}</ref> é un [[elemento arquitectónico]] de forma triangular da parte superior da parede dun edificio (a [[fachada]] ou o [[muro penal]] ou lateral) encima do cal descansan as dúas augas da [[cuberta]]. Recibe en galego tamén os nomes de '''pinche do penal''', '''pinchón''', '''espigo''' ou '''pipal'''<ref>Definicións e sinónimos en galego en ''Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura'' Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998; ''Gran dicionario Xerais da lingua galega'', Vigo, Xerais, 2009; e ''Vocabulario ortográfico da lingua galega'', A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004</ref>.
 
Por extensión denomínase tamén "pinche" ou "parede de pinche"<ref>''Dicionario visual da construción'', Santiago de Compostela, [[Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia]], 2004</ref> a toda a fachada do edificio cando se configura de tal xeito; que nas igrexas con [[planta de cruz latina]] son tres: a dos pés (que adoita ser a [[portada (arquitectura)|portada]] principal) e as dúas laterais que rematan o [[cruceiro (arquitectura)|cruceiro]]. A diferenza dos [[Frontón (arquitectura)|frontóns]], que cumpren a mesma función estrutural, os pinches non delimitan o seu bordo inferior cunha [[cornixa]] horizontal, e polo tanto quedan integrados no resto da fachada (se esta presenta cornixas ou outro tipo de delimitacións horizontais, márcanse nunha liña distinta á da base do triángulo do pinche). Cómpre tamén diferenciar os pinches dos [[gablete]]s, un elemento esencialmente decorativo da arquitectura gótica, tamén de forma triangular.
658

edicións