Sonny Bill Williams: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 16:
Williams comeza a xogar a un alto nivel rugbístico dende o ano 2001, onde participou no ''{{Lang|en|S.G. Ball Cup}}'', o campionato australiano de rugby XIII sub-18. Williams foi tamén nomeado xogador do ano neste campionato. No 2002, sobe rapidamente os chanzos que axiña o tornan un xogador de primeiro rango para os [[Canterbury Bulldogs]], participando no ''{{Lang|en|Jersey Flegg Cup}}'', o campionato australiano para menores de 20 anos. O ano seguinte, en 2003, Williams continuou a súa carreira fulgurante na Premier League, o segundo campionato da prestixiosa [[National Rugby League]] (NRL), facéndose titular indiscutido.
 
En 2004 con só 18 anos fixo o seu debut na NRL contra [[Parramatta Eels]] no [[ANZ Stadium|Telstra Estadium.]] Durante este ano foi seleccionado para representar o seu país despois de só uns poucos partidos xogados na NRL. O 23 de abril fixo a súa estrea coa Nova Celandia contra Australia no famoso [[ANZAC Test]]<ref>http://www.smh.com.au/articles/2004/10/01/1096527943523.html</ref>. Durante 2004 xoga 15 partidos da NRL e pasa a ser un membro importante do seu equipo, porén a súa curta carreira e o seu ascenso incrible rematan por decantar aos adestradores a deixalo de suplente na gran final da NRL. Os Bulldogs gañaron a final 16 a 13 contra [[Sydney Roosters]]. Williams pecha unha excepcional primeira tempada na máxima categoría en Australia, e é nomeado para o ''{{Lang|en|Dally M Rookie of the Year Award}}'', o trofeo para o mellor novato da liga NRL dese ano<ref>https://www.foxsports.com.au/nrl/nrl-premiership/nrl-rookies-2004-was-the-year-of-oneclub-players-headlined-by-cooper-cronk/news-story/2d065a6b4f8ba840a9e14b80b24a31f0</ref>.
 
Cando o seu contrato remata recibe varias ofertas, incluíndo a do club inglés [[St Helens RLFC|St. Helens RFC]] polo importe de 3 millóns de dólares. Williams rexeitou a oferta, alegando que prefería permanecer leal ao seu club e amplía o seu contrato cos Bulldogs durante dous anos máis. Uns meses máis tarde, algunhas revelacións fan estalar o escándalo. Nin St Helens nin o seu presidente Eamonn McManus fixeran ningunha oferta a Williams. O axente do xogador fixo correr este dixomedíxome para que a oferta dos Bulldogs fose máis grande.
 
Despois de ter feito unha exitosa estrea na NRL,a tempada 2005 foi decepcionante. Unha grave lesión no xeonllo e outras máis pequenas fan que Williams xogue só 5 partidos durante o ano 2005. Perdeu asemade varios partidos internacionais coa Nova Celandia ese ano. Williams tivo un ano rugbístico 2006 con altos e baixos. Xogou 21 partidos de liga e pousou 8 ensaios. Durante este ano, como en 2005, non puido participar no Tres Nacións cos [[ÉquipeEquipo de Nouvelle-ZélandeNova Celandia de rugby àa XIII|Kiwis]] sempre por mor das lesións recorrentes.
 
Aos catro minutos do seu primeiro partido da tempada 2007, Williams foi expulsado por un placaxe alto sobre Andrew Johns.<ref>https://www.youtube.com/watch?v=GsYaDLYE5WI</ref> Ao longo do ano 2007 o futuro rugbístico de Williams estivo cheo de especulacións na prensa australiana. A especulación rematou cando Williams renuncia ao seu contrato cos Bulldogs o 9 de marzo de 2007. Williams xogou até 2008 nos Canterbury Bulldogs, representando á súa seleción en numerosas ocasións.