Xulio Nepote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Segundo Reinado: arranxiños
Liña 24:
== Segundo Reinado ==
 
[[Rómulo Augústulo]] envía unha carta a [[Zenón, Emperador(emperador)|Zenón]], o novo emperador de Oriente, para dicirlle que un só emperador para ambos os imperios era suficiente, cando '''Xulio Nepote''' manda unha carta pedíndolle axuda para "reconquistar" o Imperio, xa que ten diñeiro e exército para facelo, pero é necesaria a súa axuda e recoñecemento para a restauración. Era setembro do [[476]]. Pero [[Rómulo Augústulo]] xa estaba practicamente fóra de xogo, porque [[Odoacro]] xa o obrigara a abdicar, despois dunha pequena guerra civil en contra do seu pai [[Orestes]], que morrera preto de [[Rávena]]. Esta abdicación conseguiu que [[Odoacro]] se convertera no verdadeiro dono de [[Italia]] e do Imperio Romano, e as insignias imperiais foran enviadas a [[Zenón, Emperador|Zenón]]. Aínda que non fora recoñecido como tal, Roma seguía a cuñar moedas con nomes de Xulio Nepote e [[Zenón, Emperador|Zenón]], pero este non regresara a Italia nin o faría nunca. Era o emperador recoñecido por Oriente, pero de facto o Imperio Romano xa desaparecera.
 
== Morte ==