Ciencia medieval: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 14 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
m Arranxiños
Liña 4:
A '''ciencia medieval''' refírese aos descubrimentos no campo da [[ciencia]] (ou ''[[filosofía|filosofía natural]]'', como se denominaba daquela) que ocorreron na [[Idade Media]], o período intermedio entre a [[Idade Antiga]] e o [[Renacemento]], que representa o comezo de [[Idade Moderna]], segundo a división tradicional dos períodos da historia da humanidade dentro da cultura occidental.
 
Considérase xeralmente, desde un punto de vista [[Europa|eurocentrista]], que tras da caída do [[Imperio Romano|Imperio Romano de Occidente]] ([[476]] d.C.),<ref>A convención histórica determinou que o Imperio Romano de Occidente acabou o [[4 de setembro]] de [[476]], cando [[Odoacro]] depuxo a [[Rómulo Augústulo]]. Pero na práctica este asunto aínda é unha cuestión en debate. Porque [[Xulio Nepote]] reivindicou para si o título de [[EmperadorLista Romanode emperadores romanos|emperador romano]] de Occidente, gobernando a provincia de [[Dalmacia]], e foi recoñecido como tal polo emperador [[Imperio Bizantino|Bizantino]] [[Zenón (emperador)|Zenón I]] e por [[Siagrio]], que conseguira manter un enclave romano no norte da [[Galia]] (coñecido como [[Reino de Siagrio]]). Odoacro autoproclamouse gobernador de Italia e comezou a negociar con Zenón. Este concedeulle a Odoacro o status de [[patricio]] como unha forma de recoñecemento da súa autoridade, e aceptouno como o seu vicerrei en Italia. Pero ao tempo insistiu en que Odoacro prestase honras a [[Nepote]] como emperador occidental. Odoacro aceptou as condicións e até emitiu moedas co nome de Nepote en Italia. Pero iso foi, porén, só un xesto político baleiro, xa que Odoacro nunca devolveu a Xulio Nepote ningún poder político ou calquera territorio. Nepote foi morto en [[480]] e Odoacro rapidamente invadiu e conquistou Dalmacia.</ref> gran parte de Europa (a Europa occidental) perdeu o contacto co coñecemento escrito, iniciándose a ''escura [[Idade Media]]''.
 
Pero cómpre ter en conta os avances tecnolóxicos e a evolución do pensamento científico do mundo oriental ([[civilización árabe-musulmá]]) e, en primeiro lugar, os do [[Imperio Bizantino]] que, herdeiro do saber latino, e cos saberes que tomou do mundo árabe-musulmán, e mesmo dos da [[China]], foi decisivo na construción da ciencia moderna.