Barranquilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de Ommrianxo (conversa); cambiado á última versión feita por InternetArchiveBot
Etiqueta: Reversión
Banjo (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5363774 de Banjo (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 27:
|sitio web = [http://www.barranquilla.gov.co/ barranquilla.gov.co]
}}
'''Barranquilla''' é unha cidade de [[Colombia]], capital do [[departamento colombiano]] de [[Atlántico, Colombia|Atlántico]], cunha poboación de 1&nbsp;219&nbsp;731 habitantes. A cidade fundouse en [[1629]]. Atópase sobre a marxe occidental do [[río Magdalena]] a 7,5 [[quilómetro|km]] da súa desembocadura no [[mar Caribe]]. En 1993 foi organizada [[Constitución de 1991|constitucionalmente]] en [[Distritos de Colombia|distrito especial, industrial e portuario]].<ref name="distrito">{{Cita web |url=http://www.banrep.gov.co/regimen/resoluciones/cp91.pdf |título=Constitución Política de Colombia. Artículo 356. Adicionado por el artículo 2.º del acto legislativo número 1 de agosto 18 de 1993 |dataacceso=9 de xullo de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071215010012/http://www.banrep.gov.co/regimen/resoluciones/cp91.pdf |dataarquivo=15 de decembro de 2007 |urlmorta=si }}</ref> É o principal centro económico da [[Rexión Caribe de Colombia|Rexión Caribe]] de Colombia, entre as actividades económicas salientan o [[comercio]] e a industria.<ref>{{Cita novas|título=Composición de la economía de la región Caribe de Colombia|url=http://www.banrep.gov.co/es/node/31792|data=22 de maio de 2013|dataacceso=21 de novembro de 2017|xornal=Banco de la República (banco central de Colombia)}}</ref>
 
O estabelecemento da cidade data da terceira década do [[século XVII]], cando os sectores lindeiros ó río Magdalena comezaron a poboarse arredor de mercedes outorgadas pola [[Monarquía Española|Coroa Española]]. Durante a época da [[Independencia de Colombia|Independencia]], Barranquilla distinguiuse polo apoio dos seus habitantes á causa libertadora, o que lle valeu ser erixida en vila en 1813. Na segunda metade do [[século XIX]] adquire importancia estratéxica e económica ó comezar a navegación a vapor polo río Magdalena, o que lle permitiu converterse no principal centro exportador do país até a primeira metade do [[século XX]]. Dende finais do século XIX até os [[década de 1930|anos 1930]], Barranquilla foi o principal punto de entrada a Colombia de miles de inmigrantes e de adiantos como a aviación, a [[radiodifusión|radio]] comercial e a [[Teléfono|telefonía]], así como de varios deportes.