Rexurdimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.124 (conversa); cambiado á última versión feita por HombreDHojalata
Etiqueta: Reversión
Liña 1:
{{1000 artigos icona título|materia=Linguas}}
[[Ficheiro:Eduardopondal.jpg|miniatura|[[Eduardo Pondal]]]]
'''Rexurdimento''' (do verbo ''rexurdir'' formado sobre ''xurdir'' que procede do termo [[Lingua latina|latino]] ''surgere'' 'erguer')<ref>{{Cita web|url=http://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/rexurdimento/|páxina-web=Portal das Palabras|título=Rexurdimento|data-acceso=4 de setembro de 2016}}</ref> é o nome co que se coñece o [[século XIX]] (ou a segunda metade do mesmo) na historia de Galicia[[Galiza]] e expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en [[1863]] de ''[[Cantares gallegos]]'', obra escrita integramente en galego por [[Rosalía de Castro]], inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores a esta data acostuman clasificarse como pertencentes aos precursores. A Rosalía hai que engadir a [[Eduardo Pondal]], [[Valentín Lamas Carvajal]] e mais [[Manuel Curros Enríquez]] como os principais escritores en galego desta época.
 
== Descrición ==
Na primeira metade do [[século XIX]], Galiza foi escenario dunha serie de acontecementos que esbozaron unha nova situación político-cultural que preparou o camiño para o chamado Rexurdimento. Esta época é coñecida como a dos [[Precursores]].
[[Ficheiro:Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg|miniatura|[[Rosalía de Castro]] inicia o Rexurdimento propiamente dito]]
Algúns acontecementos históricos importantes contribuíron para espertar a consciencia nacionalista de moitos galegos (non chamada así naquela altura). Un deles foi a invasión francesa, que deu lugar á circulación de textos de axitación popular escritos en [[lingua galega|galego]]. A consciencia dunha [[GaliciaGaliza]] diferenciada do resto de España foi aumentando progresivamente. Esta procura da identidade manifestouse en publicacións nas cales os escritores e políticos valorizaban aquilo que vían como propio en oposición ao exterior, considerado como ameaza.
 
En [[1856]] tivo lugar o [[banquete de Conxo]], no que confraternizaron estudantes e traballadores, e no que o [[galeguismo (política)|galeguismo]] tomou características revolucionarias. Reivindicábase o dereito de Galiza a administrar os seus propios [[recursos]], participando homes que terían grande protagonismo no [[movemento rexionalista galego]], como [[Aurelio Aguirre]] ou mesmo [[Eduardo Pondal]].