Machu Picchu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m →‎Emprazamento: ligazóns
Liña 45:
Atópase a 13º 9' 47" [[latitude]] sur e 72º 32' 44" [[lonxitude (cartografía)|lonxitude]] oeste. Forma parte do [[Distrito de Machupicchu|distrito do mesmo nome]], na [[provincia de Urubamba]], no [[departamento de Cuzco]], en [[Perú]]. A cidade importante máis próxima é [[Cuzco]], actual capital rexional, capital histórica do país e antiga capital dos [[Imperio Inca|incas]], a 130 km de alí.
 
As montañas Machu Picchu e [[Huayna Picchu]] son parte dunha gran formación orográfica coñecida coma [[batólito]] de [[Vilcabamba, Ecuador|Vilcabamba]], na Cordilleira Central dos Andes peruanos. Atópanse na marxe esquerda do chamado Canón do Urubamba, coñecido antigamente como Valgada de Picchu.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Glave |Remy|1983|p= 4}}</ref> Polo pé dos cerros, e practicamente rodeándoos, corre o río Vilcanota-Urubamba. As ruínas incas atópanse a medio camiño entre as cimas de ámbalas dúas montañas, a 450 metros[[metro]]s de [[altitude]] por riba do nivel do val e a 2.438 metros [[Nivel medio do mar|sobre o nivel do mar]]. A superficie edificada é aproximadamente de 530 metros de longo por 200 de ancho e conta con 172 edificios na súa área urbana.
 
As [[ruína]]s, estritamente, están dentro dun territorio intanxible do Sistema Nacional de Áreas Naturais Protexidas polo Estado (SINANPE),<ref>O Sistema de Parques Nacionais do Perú está baixo control do Instituto Nacional de Recursos Naturais, ver : {{Cita web|url=http://www.inrena.gob.pe/index_inicio.htm|páxina-web=INRENA|título=Instituto Nacional de Recursos Naturales|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080725123240/http://www.inrena.gob.pe/index_inicio.htm|data-acceso=12 de xullo de 2018|lingua=es|dataarquivo=25 de xullo de 2008|urlmorta=si}}</ref> chamado [[Santuario Histórico de Machu Picchu]], que se estende sobre unha superficie de 32.592 hectáreas, (80.535 acres ou 325,92&nbsp;km²) da conca do río [[Río Urubamba|Vilcanota - Urubamba]] (o ''Willka mayu'' ou "río sacro" dos [[Imperio Inca|incas]]). O Santuario Histórico protexe unha serie de [[Especies ameazadas|especies biolóxicas en perigo de extinción]] e varios estabelecementos incas,<ref>Establecementos como Patallacta, Quente e Torontoy no fondo do Val, e as ruínas de Runkuracay, Sayaqmarca, Phuyupatamarca, [[Huiñay Huayna|Wiñay Wayna]], Intipata e moitas outras nas ladeiras das montañas próximas, ademais dunha rede de camiños incas e antigos complexos agrícolas</ref> entre os que Machu Picchu está considerado coma o principal.