Santa Cecilia de Trasancos, Ferrol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Interwiki: +pms
4bot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-\bcercano(s?)\b +próximo\1)
Liña 5:
 
 
O primeiro documento coñecido -na actualidade- onde aparece citada esta parroquia correspóndese ao ano 1087 e pertence á colección diplomática do cercanopróximo mosteiro de San Martiño de Xuvia. Durante a Idade Media e a Idade Moderna, Santa Icía de Trasancos foi a cabeza ou capital do arcedianádego de Trasancos.
 
O couto -medieval- de Santa Icía de Trasancos estaba en máns do correspondente arcedián, por canto era anexo a esta dignidade do cabido mindoniense. No ano 1586 o rei Felipe II, despois de desamortizar este couto e incorporalo aos bens da Coroa, vendeuno ao ferrolán Xoán Yáñez de Leiro e Doza, coengo doutoural da Catedral de Santiago de Compostela. O Dr. Yáñez de Leiro outorgou testamento no ano 1599, polo cal fundou vínculo e morgado sobre este couto -xunto cos de Xuvia e Caranza- así como sobre outros bens capitais en favor do seu sobriño o capitán Pedro Yáñez de Mandiá. O couto de Santa Icía de Trasancos permaneceu durante a Idade Moderna en posesión dos descendentes do capitán Pedro Yáñez de Mandiá -logo co apelido Bermúdez de Mandiá- até a abolición do sistema xurisdiccional co fin do Antigo Rexime no século XIX.