Diferenzas entre revisións de «Cornes, Conxo, Santiago de Compostela»

m
m (→‎Cultura: Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (11))
 
== Historia ==
A orixe do nome ''Cornes'' podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira a antiga aldea de Cornes, que queda por baixo do camiño e que conserva a súa traza medieval, encarada á solaina do sul. O antigo do lugar de Cornes aínda pervive, nunha área urbanizada sucesivamente dende inicios do [[século XX]]. En Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28). Un pouco máis arriba, na antiga Casa da Parra, na actual praza de Vigo, naceu a poetisa galega [[Rosalía de Castro]].<ref name=ruta>[http://rosaliadecastro.org/webvella/ruta/ruta_esp.swf Ruta Rosaliana]{{Ligazón morta|data=decembro de 2019 }} {{es}}</ref>
 
Cornes-[[O Carril, Vilagarcía de Arousa|O Carril]] foi a primeira liña de [[ferrocarril|camiño de ferro]] de Galicia, inaugurada o 15 de setembro de 1873.<ref>{{cita novas|url=http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/ciento-cuarenta-anos-del-tren-cornes-carril-primera-linea-de-galicia/idEdicion-2013-09-08/idNoticia-825423/|título=Ciento cuarenta años del tren Cornes-Carril, primera línea de Galicia|xornal=El Correo Gallego|data=8 de setembro de 2013|lingua=es}}</ref><ref>[https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1369922525/contido/tren/anexos_documentais/9.6-Historia_do_ferrocarril_Vigo_Ourense.pdf A historia dun ferrocarril: A liña Vigo - Ourense 1861-1881 ]</ref> Ao redor da estación levantáronse almacéns de [[aceite]], [[viño]], [[carbón]], froita, sal, madeira, cemento etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente [[mármore|marmoristas]], carpinteiros e tallistas. Había tamén unha [[canteira]] de pedra, unha imprenta e un taller de coches. Diante da aldea está o campo chamado A Toxeira. Por riba da estrada estaba O Agro e a canteira.
33

edicións