Diferenzas entre revisións de «Hoel II da Bretaña»

m
Arranxos varios
Sem resumo de edição
m (Arranxos varios)
'''Hoel II da Bretaña''' (Hoel de Cornualles ou máis propiamente Hoel V de Cornualles), chamado '''Houel Huuel''' en [[Lingua bretoa|bretón]], nado c. [[1030]]<ref name="Jean">Jean-Christophe Cassard, ''Houel Huuel : comte de Cornouaille puis duc de Bretagne (circa 1030-1084)'', volume CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), pp. 95-117</ref> e finado en [[Kemper]] o [[13 de abril]] de [[1084]], fillo maior de [[Alan Canhiart]], [[Condado de Cornualles|conde de Cornualles]], e [[Xudit de Nantes]], filla e herdeira de [[Judicael de Nantes|Judicael]], [[Condado de Nantes|conde de Nantes]], foi conde de Cornualles e Nantes, e despois [[Ducado da Bretaña|duque da Bretaña]] de [[1066]] a [[1084]].
== Traxectoria ==
Converteuse en conde de Cornualles á morte do seu pai en [[1058]], e en conde de Nantes, que xa administraba antes da morte da súa nai Xudit, en [[1063]]. Para fortalecer o control da casa de Cornualles sobre Nantes, fixo elixir ([[1059]]) e logo consagrar ([[1061]]) ao seu irmán menor Guerech de Cornualles como bispo da cidade ao seu irmán pequeno Guerech II de Cornualles (o bispo [[Guerech II de Nantes]]). Á morte de Guerech o [[31 de xullo|31 de xullo de]] [[1079]], o seu segundo irmán [[Bieito de Cornualles]], abade de Santa Cruz de [[Quimperlé]] desde [[1066]], sucedeuno á fronte do bispado.
 
Antes do [[1058]], Hoel casara con [[Havoisa da Bretaña|Havoisa de Bretaña]], filla do duque [[Alan III da Bretaña]] e irmá de [[Conan II da Bretaña|Conan II]]. Á morte deste último, Havoisa herdouno e Hoel converteuse en duque consorte da Bretaña [[11 de decembro|o 11 de decembro]] de [[1066]]. Só o [[condado de Rennes]] escapou da súa autoridade, ao ter sido entregado a [[Geoffroy Grenonat]], un fillo ilexítimo de Alan III da Bretaña.
 
Durante o principado de Hoel, os señores bretóns que participaran na conquista de [[Inglaterra]] con [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o conquistador]] gañaron feudos importantes na nova conquista. Foi nesta ocasión cando Alan, fillo de [[Eudón de Porhoët]], obtivo o [[condado de Richmond]]<ref>Chédeville, Tonnerre, op. cit., p. 78.</ref>.
 
O comezo do seu reinado foi tranquilo, pero a súa muller Havoisa morreu en [[1072]]. Hoel tivo que afrontar, entre [[1075]] e [[1077]], un levantamento dos señores bretóns dirixidos por [[Geoffroy Boterel]] (fillo de [[Odón de Penthièvre]]), Geoffroy Grenonat (fillo de Alan III), [[Eudón I de Porhoët]] e outros señores da Alta Bretaña, mesmo do seu patrimonio de Cornualles. Hoel só liquidou a sublevación coa axuda de [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o conquistador]] e a intervención nos combates do seu fillo maior [[Alan IV da Bretaña|Alan IV Fergent]].
 
O duque Hoel residía en [[Quimper]] e en [[Nantes, Francia|Nantes]] coa súa corte. Hoel faleceu o 13 de abril de 1084.<ref name="Jean"/>
 
=== Matrimonio e fillos ===
{{Portal|Bretaña}}
=== Bibliografía ===
* Jean-Christophe Cassard, ''Houel Huuel: Conde de Cornouaille puis duc de Bretagne (ca. 1030-1084)'', t. CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), p. &nbsp;95-117
* Joëlle Quaghebeur, ''La Cornouaille du IXe au XIIe siècle.'' ''Mémoire, pouvoirs, noblesse'', Presses Universitaires de Rennes (2002) ({{ISBN|2868477437}}).
* André Chédeville & Noël-Yves Tonnerre, ''La Bretagne feudale XIe - XIIIe siècle'' . Ouest-France Université Rennes (1987) ({{ISBN|27-37300-14-2}}).
* Artur Lemoyne de La Borderie, ''historiador de Bretaña: Tome troisième'' . Reimpreso por Joseph Floch Imprimeur Éditeur à Mayenne (1975), ''Le duc Hoël de Cornouaille'' p. &nbsp;24-29.
* Henri Poisson, ''Les Ducs de Bretagne de la maison de Cornouaille: Hoël, Alain Fergent, Conan III'', Lorient, Édition Bretagne et culture, 1968
{{monarcas da Bretaña}}
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Duques da Bretaña]]
[[Categoría:Personalidades sen imaxes]]
393.002

edicións