Diferenzas entre revisións de «Heriberto I de Vermandois»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
{{biografía}}
'''Heriberto''' ou '''Herberto I de Vermandois''', nado ao redor do [[850]] e finado entre [[900]] e [[907]], foi señor de [[Péronne]] e de [[Saint-Quentin]], [[conde de Soissons]], [[Condado de Vermandois|conde de Vermandois]] e [[Condado de Meaux|Meaux]] de [[896]] ata a súa morte. Era fillo de [[Pipino de Péronne|Pipino]] e polo tanto neto de [[Bernardo de Italia|Bernardo]], rei de Italia.
 
== Traxectoria ==
Aparece no [[877]] na corte do rei [[Carlos II, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos II o Calvo]] e é citado en [[889]] como fiel do rei [[Eudes I de Francia|Eudes ou Odon I]]. En 896 converteuse no conde de Vermandois, sucedendo ao [[Nibelúnxidas|nibelúnxida]] [[Teodorico de Vermandois|Teodorico]], que probabelmente era o seu avó materno. Nos anos seguintes, herdou varios condados (Soissons, Meaux e [[Condado de Vexin|Vexin]]), propiedade doutros Nibelunxidas. Este conxunto formou unha marca militar creada no 890 para loitar contra os [[normandos]]. Suponse que morreu en [[902]], asasinado por orde de [[Balduíno II de Flandres]].
 
A súa esposa é descoñecida. Estudos recentes suxiren que se chamaba Leutgarda e que sería filla do [[Condado de Troyes|conde de Troyes]] [[Adalelmo de Troyes|Adalelmo]]. Tiveron a:
 
* [[Heriberto II de Vermandois|Herberto ou Heriberto II]] (880-943), conde de Vermandois, Meaux e Soissons.
*[[Beatriz de Vermandois|Beatriz]], casada arredor de 895 con [[Roberto I de Francia|Roberto I]], rei de Francia († 923).
* Cunegunda, casada arredor de 915 con [[Odón I de Wetterau|Odón I]], [[Condado de Wetterau|conde de Wetterau]].
 
== Véxase tamén ==
* Christian Settipani, La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de la maison d'auguste de France, vol. 1), ed. Patrick van Kerrebrouck, 1993 ({{ISBN|2-9501509-3-4}}).
{{control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades sen imaxes]]
[[Categoría:Nados no século IX]]
393.002

edicións