Batalla de Annual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Modificado: ca:Batalla d'Annual
4bot (conversa | contribucións)
m respectar
Liña 29:
Durante a noite do 21 ao 22, o xeneral Silvestre discutiu cos seus oficiais a forma de sair do cerco. Sen chegar a ningún acordo, a primeiras horas da mañá, e baixo fogo inimigo, deuse a orde de retirada e as tropas abandonaron o campamento; algúns oficiais saíron con calma, pero a maioría dos soldados saíu correndo e de forma desordeada, producíndose a masacre no camiño a [[Melilla]]. Nesta fuxida producíronse feitos de heroísmo, como o do Rexemento de Alcántara, que cargou en numerosas ocasións até a extenuación e sufrindo o maior número de baixas.
 
O xeneral Silvestre desapareceu e os seus restos non se atoparon. As poucas forzas que saíron vivas de alí, retrocederon até o campamento do [[Monte Arruit]] baixo o mando do xeneral Navarro, pero esta posición tamén foi asediada e os suministros cortáronse, polo que o xeneral Berenguer autorizou a rendición o [[9 de agosto]]. Pero os rifeños non respetaronrespectaron as condicións e entraron no campamento matando aos soldados e facendo prisioneiros ao xeneral Navarro e a 600 efectivos máis.
 
Sobreviviron 60 homes dos 3.000. A causa de manter a estes con vida foi discutida polos historiadores, pero unha das razóns apunta a intención dos rifeños de evitar a que foi unha das causas da vitoria final española, o ataque con armas químicas.