191.962
edicións
Volveu de novo a Salamanca para especializarse en [[Filosofía|Filosofía Superior]], e desde alí trasladouse ás universidades europeas de [[KU Leuven|Leuven]], [[Universidade Libre de Bruxelas|Bruxelas]] e [[Universidad de París|París]] en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a [[España]] intentou acceder a unha [[cátedra universitaria]], mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a [[Cátedra de ensino secundario|cátedra]] de [[bacharelato]], obtendo en [[1904]] a de [[Psicoloxía]], [[Lóxica]], [[Ética]] e Rudimentos de [[Dereito]] do instituto de [[Soria]]. No mesmo ano e por motivos familiares (enfermidade da tía Xenerosa) trasládase para o [[IES Otero Pedrayo de Ourense|Instituto de Ourense]].{{Sfn|López Vázquez|2002}}
En 1906 o Goberno comisionouno para estudar a organización de Ministerio de Fomento en [[Francia]], [[
Retornou a España a fins de [[1910]] para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria, por exemplo a de [[Metafísica]] da Universidade Central, que finalmente gañou [[José Ortega y Gasset]]. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que volvese novamente a [[Leipzig]]. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en [[1912]], onde creou un [[laboratorio]] de psicoloxía experimental. En 1913 o Goberno pensionouno catro meses para estudar o funcionamento do [[Educación secundaria|ensino secundario]] en [[Francia]], [[Bélxica]] e [[Reino de Prusia|Prusia]].{{Sfn|López Vázquez|2002}}
|
edicións