Diferenzas entre revisións de «Eloy Luís André»

sen resumo de edición
Retornou a España a fins de [[1910]] para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria, por exemplo a de [[Metafísica]] da Universidade Central, que finalmente gañou [[José Ortega y Gasset]]. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que volvese novamente a [[Leipzig]]. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en [[1912]], onde creou un [[laboratorio]] de psicoloxía experimental. En 1913 o Goberno pensionouno catro meses para estudar o funcionamento do [[Educación secundaria|ensino secundario]] en [[Francia]], [[Bélxica]] e [[Reino de Prusia|Prusia]].{{Sfn|López Vázquez|2002}}
 
En 1914 pasou ao instituto de [[Toledo]]. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En 1917 casou con María Francisca Romero, natural de [[Xinzo de Limia]]. En [[1918]] opositou para o [[Instituto Cardenal Cisneros]], logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos. En 1919 e 1922 naceron os fillos, María dos Anxos e Anxo. Morreu en 1935 por un [[cancro hepático]]. Os seus restos foron trasladados de Madrid a Vilardevós en 2001.{{Sfn|López Vázquez|2002}}
 
== Obra ==
192.456

edicións