Diferenzas entre revisións de «Eloy Luís André»

 
== Traxectoria ==
Fillo do [[médico]] de [[Vilardevós]] Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun [[notario]] de [[Ponteareas]].{{Sfn|Camoira|2004}} Fixo os seus estudos no [[Mosteiro de San Salvador de Celanova|Colexio dos Padres Escolapios de Celanova]] e no Instituto de Ourense, recibindo clases de [[Juan Sieiro|Juan Sieiro González]]. Comezou o ciclo universitario en [[Universidade de Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]], trasladándose logo para a [[Universidade de Salamanca]], onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con [[Miguel de Unamuno]]. Pasou a [[Madrid]], á [[Universidade de Madrid|Universidade Central]], para efectuar a doutoramento, e estabelecendo contactos con [[Francisco Giner de los Ríos]].
 
Volveu de novo a Salamanca para especializarse en [[Filosofía|Filosofía Superior]], e desde alí trasladouse ás universidades europeas de [[KU Leuven|Leuven]], [[Universidade Libre de Bruxelas|Bruxelas]] e [[Universidad de París|París]] en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a [[España]] intentou acceder a unha [[cátedra universitaria]], mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a [[Cátedra de ensino secundario|cátedra]] de [[bacharelato]], obtendo en [[1904]] a de [[Psicoloxía]], [[Lóxica]], [[Ética]] e Rudimentos de [[Dereito]] do instituto de [[Soria]], desde a cal se trasladou para o [[IES Otero Pedrayo de Ourense|Instituto de Ourense]].
191.969

edicións