Literatura anglosaxoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
A literatura anglosaxoa pasou por diferentes períodos de investigación. No [[século XIX]] e a comezos do [[século XX]] a investigación centrábase nas raíces xermánicas do inglés, posteriormente fíxose fincapé nos méritos literarios, e hoxe a investigación está centrada na [[paleografía]] e nos propios manuscritos físicos: os filólogos debaten asuntos como a datación, lugar de orixe, autoría, e as conexións entre a cultura anglosaxoa e o resto de [[Europa]] na [[Idade Media]].
 
Os primeiros traballos en [[inglés]] datan do [[século V]] d.C e foron escritos nos diferentes dialectos [[anglosaxón]]s: os dialectos [[anglo]]s de [[Mercia]] e [[NortumbriaNorthumbria]] e os dialectos [[saxón]]s de [[Wessex]] e [[Kent]], actualmente coñecidos como Old English ([[inglés antigo]]). A tradición oral era o método de transmisión literaria nas sociedades anglosaxoas, cumprindo unha importante función a figura do "''scope''" ou [[poeta]] que, cultivados no coñecemento da historia e a lei, viaxaban dunha tribo a outra transmitindo cancións, lendas, poemas e outro tipo de informacións. A súa función social máis importante era a de perpetuaren valores heroicos como a lealtade, a forza ou a coraxe a través das súas composicións literarias.
 
=== Lírica ===
Liña 21:
Coa chegada dos primeiros cristiáns e trala súa aceptación por parte dos líderes anglosaxóns comezan a ser construídos por toda [[Inglaterra]] igrexas e mosteiros ([[século VII]]). Neles, estes primeiros cristiáns serán os encargados de perpetuaren en manuscritos a rica literatura oral anglosaxoa, na meirande parte das veces incorporando aos textos simboloxía cristiá e alusións ao [[cristianismo]] coa fin de predicaren a súa doutrina.
 
Dentro da [[poesía épica]] destaca o [[poema]] coñecido, que non titulado, como "[[Beowulf]]". Trátase do primeiro poema épico escrito nun dialecto anglo por volta do [[século VI]] ou [[século VII|VII]] nalgunha corte cristiá ou [[mosteiro]] de [[Mercia]] ou [[NortumbriaNorthumbria]]. A autoría do texto é anónima. Só se especula coa posibilidade de que o autor fose probablemente un [[cristián]] debido ás numerosas alusións relixiosas que se atopan no texto. O tema principal está centrado na figura de Beowulf, [[clásico]] [[heroe]] [[xermánico]], que derrota dous inimigos mortais: Grendel e a súa [[nai]]. Beowulf é finalmente derrotado por un [[dragón]] e o poema remata traxicamente.
O texto está escrito dende un punto de vista documental. Esta composición poética recolle simbolicamente a batalla entre os anglosaxóns e os [[viquingo]]s no ano [[991]]. Beowulf representa o pobo anglosaxón loitando honorablemente ata o derradeiro momento.
 
Exemplo dun fragmento de texto tirado do poema "Beowulf":
Liña 44 ⟶ 45:
''"Beowulf", dende a liña 340 á liña 355''<br />
{{end box}}
A [[poesía épica]] e elexíaca anglosaxoa constitúese formalmente a través da [[liña anglosaxoa]] e o [[aliteración|verso aliterativo]]. A liña anglosaxoa consiste na división da liña en dúas metades separadas por unha [[cesura]] ou pausa e o verso aliterativo consiste na repetición de sons consoánticos nas sílabas semanticamente máis importantes da liña. Esta estrutura dálle unidade a cada liña, dálle [[ritmo]] ao poema e faino máis sinxelo de lembrar, tendo en conta que esta literatura se transmitía de maneira oral. A meirande parte dos textos son anónimos e, malia a súa temperá produción, a literatura anglosaxoa presenta unha ampla riqueza estilística. Destacan entre estes recursos os "kenningar" (sing. "[[kenning]]") consistentes en locucións poéticas compostas que substitúen o nome usual dunha persoa ou dun obxecto.
 
Exemplo dun ''kenning'' no poema elexíaco "The Wanderer" ''(O Errante)''