Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 33:
'''Estevoaei''' é o meu nome de usuario na '''Galipedia''', onde colaboro de forma activa desde agosto de 2007. Chámome '''Adrián Estévez''', e son de [[Pontevedra]]. Vivín tamén en [[Cangas]], [[San Xurxo de Sacos, Cotobade|San Xurxo de Sacos]], [[Santiago de Compostela]] e [[Figueirido, Vilaboa|Figueirido]].
 
Fixen o Bacharelato no [[IES Sánchez Cantón]]. Estudei un ciclo superior de [[artes gráficas]], fixen a diplomatura de Maxisterio de Primaria na [[Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra]], e despois rematei o grao en Lingua e literatura galegas na [[USC]]. Ao respecto, un dos campos que máis me gusta é a [[toponimia]], e estou a desenvolver a subpáxina [[Usuario:Estevoaei/topónimos]]. Dentro da literatura gústame especialmente a narrativa contemporánea, máis concretamente a [[novela negra]]. Estou moi orgulloso de traducir ao galego a novela de [[John Fante]] ''[[A irmandade da uva]]''. Probei a escribir relatos, e publiquei algúns en revistas e fanzines, ás veces baixo pseudónimo. ColaboroColaborei en ''[[Pontevedra Viva]]'' facendo [[crítica literaria]] unha vez por semana coa sección "[http://pontevedraviva.com/xornalista/adrian-estevez-iglesias/ Lecturas desde O Alcouce]".
 
Creo firmemente na [[autoxestión]]; milito no [[anarcosindicalismo]] e colaboro no [[Liceo Mutante]]. Creo que a propiedade intelectual é un roubo. Gústame o deporte, e xogo á [[billarda]] e ao [[fútbol gaélico]], primeiro no [[Pontevedra Fútbol Gaélico|Pontevedra FG]] e agora no [[Berobreo FGM]]. Amais de diversos lugares da [[península Ibérica]], estiven en [[Mallorca]], [[Monte Carlo]], [[Milán]], [[Venecia]], [[Verona]], [[Florencia]], [[Pisa]], [[Roma]], a [[Cidade do Vaticano]], [[Sheffield]], [[Cholet]], [[Praga]], [[Copenhaguen]], [[Bérgamo]], [[Liubliana]], [[Zagreb]], [[Saraxevo]], [[Mostar]], [[Dubrovnik]], [[Split]], [[París]], [[Berna]], [[Viena]], [[Londres]], [[Sicilia]], [[Illa de Madeira|Madeira]], [[Turín]], [[Aberystwyth]], [[Cardiff]], [[Cidade do Cabo]], [[Sydney]], [[Melbourne]], [[Tasmania]], [[Nova Zelandia]], [[Cornualles]], [[Estocolmo]], [[Gotland]], [[Berlín]], [[Marrakech]] e [[CornuallesEssaouira]].
 
Son un lambón. Gústame o [[polbo á feira]], os [[pementos de Padrón]], o arroz con chícharos, a [[tortilla de patacas]], o [[leite frito]], a [[sidra]], o [[viño]] e o [[kalimotxo]].<br>Adoro bailar. Gústame ir a concertos e sacar fotos, desde [[Einstürzende Neubauten]] até [[Ataque Escampe]] pasando por [[Julieta Venegas]]. Son cantante no grupo [[Columna Vegana]].
 
==Wiki-actividades==
Liña 102:
*VI Xornadas de WMES ([[Gasteiz]], outubro 2018).
*[[:es:Wikipedia:Encuentros/Jornadas WMES 2019|VII Xornadas WMES]] (Iruña, outubro 2019; participei coa charla [[:commons:File:100WikiDays.pdf|100WikiDays]] xunto co Santiago Navarro)
*[https://meta.wikimedia.org/wiki/WikiCon_Portugal WikiCon Portugal] (Porto, xaneiro 2020); participei coa charla sobre o [https://pt.wikimedia.org/wiki/Projeto_Nenhuma_freguesia_sem_fotografia Projeto Nenhuma freguesia sem fotografia].
 
;Divulgación
Liña 116 ⟶ 117:
;Propósitos:
 
*[[:ca:Viquiprojecte:Viquitrobada 2019|Viquitrobada 2019]] (Cervera, novembro e decembro)
*[https://meta.wikimedia.org/wiki/WikiCon_Portugal WikiCon Portugal] (Porto, xaneiro 2020)
*Celtic Knot 2020 (Limerick, xullo)
*Wikimania 2020 (Bangkok, agosto)