Eloy Luís André: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 10:
En [[1909]], a [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] concedeulle unha [[bolsa de estudos]], que utilizou para trasladarse á [[Universidade de Leipzig]], onde foi discípulo de [[Wilhelm Wundt]], sob cuxa dirección preparou un traballo de psicoloxía experimental. Posteriormente trasladouse á [[Universidade de Jena]], onde foi discípulo de [[Rudolf Christoph Eucken]]. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.
[[Ficheiro:Ética individual y social 1920 Eloy Luis André.pdf|miniatura|page=5|200px|''Ética individual y social'',<br />2ª ed. ([[PDF]]), 1920.]]
Volveu a España a fins de [[1910]] para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que retornase novamente a Leipzig. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en [[1912]], onde creou un [[laboratorio]] de psicoloxía experimental. Dous anos despois, pasou ao instituto de [[Toledo]]. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En [[1918]] opositou para o instituto madrileño[[Instituto Cardenal Cisneros]], logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos.
 
== Obra ==