Speed metal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m robot Modificado: es:Speed Metal
4bot (conversa | contribucións)
m soe_Acostuma
Liña 3:
A súa orixe remóntase ós anos oitenta, logo do auxe do [[New Wave of Brithish Heavy Metal|Metal Británico]], cando este extende a súa popularidade a [[Europa]]. Momento cumio no auxe deste estilo constitúeo a publicación do L.P. ''[[The Walls of Jerico]]'' de '''[[Helloween]]''' en [[1985]].
 
A estrutura da maioría dos temas de ''Speed Metal'' é bastante simple: dúas estrofas (normalmente de catro a seis versos), unha estrofa que sirve de ''ponte'' rítmica entre as estrofas e o estribillo (normalmente de dous ou tres versos), un estribillo (que soeacostuma constar de catro versos e que normalmente se repite dúas ou catro veces) con patróns rítmicos de [[Blanca (música)|brancas]] ou [[Redonda (música)|redondas]]; logo unha estrofa, unha estrofa ''ponte'' (que pode ser repetición da estrofa ''ponte'' anterior) e o estribillo; de seguido, un solo de guitarra, e finalízase coa estrofa ''ponte'' e o estribillo, o cal se repite varias veces ata o remate. É común tamén que entre o primeiro estribillo e a estrofa seguinte se intercale un fragmento de solo.
 
Nembargantes, os grupos de ''Speed Metal'' raramente se adican a este estilo en exclusiva, senón que adoitan combiñalos con outros estilos e elementos moi diversos para producir os seus temas. Exemplos notables constitúenos entre outros [[Blind Guardian]] ou [[Gamma Ray]]. Isto provocou unha especie de evolución dentro do subxénero, que comezou a denominarse ''[[Power Metal]]''. Actualmente, son poucos os grupos considerados como ''grupos de Speed Metal'', aínda que en ocasións os integrantes dun grupo se definan así a si mesmos.