Xustino I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Substituíuse unha imaxe, que estaba repetida.
m →‎Traxectoria: arranxiños
Liña 3:
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Justin I by Giovanni Battista de'Cavalieri.jpg|miniatura|esquerda|Gravado cun retrato de '''Xustino I''', Por Giovanni Battista de'Cavalieri, publicado en ''Romanorum imperatorum effigies'', Roma, 1592]]
Naceu nunha aldea preto de Bederiana, na provincia de [[Dardania]], pertencente á diocese de [[Diocese de Dacia|Dacia]] que, xunto coa de [[Diocese de Macedonia|Macedonia]], formaba entón a prefectura pretoriana de [[Ilírico]]. Na súa mocidade chegou a [[Constantinopla]] fuxindo das invasións bárbaras. Alistouse no exército, e grazas á súa capacidade, ascendeu rapidamente pola escala militar, ata converterse en comandante da garda de palacio (os ''excubitores'') do emperador [[Anastasio I, Emperador(emperador)|Anastasio I]] en [[515]]. Grazas á súa posición (era o comandante do único exército acantonado na cidade) e a súa prodigalidade, conseguiu ser nomeado sucesor á morte de Anastasio I, en [[518]]. No momento da súa ascensión ao trono tiña preto de setenta anos e probablemente era [[analfabetismo|analfabeto]].
 
Xustino, que era un militar sen os coñecementos nin a visión precisos para gobernar o estado bizantino, rodeouse de conselleiros de confianza. O máis destacado deles foi sen dúbida o seu sobriño, Flavio Petro Sabacio, ao que adoptou como fillo e ao que deu o nome, polo que pasou á historia, de [[Xustiniano I|Xustiniano]]. Aínda que se di con frecuencia que Xustiniano rexeu os destinos do Imperio xa en vida do seu tío, como afirma o historiador [[Procopio de Cesarea|Procopio]], é probábel que non fose así, xa que só foi investido como sucesor meses antes da morte de Xustino.