Deriva continental e clima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m -cia -> -za
4bot (conversa | contribucións)
m soe_Acostuma
Liña 2:
 
==Distribución actual dos continentes==
Actualmente hai un exceso de masa continental pouco fragmentada no [[hemisferio]] norte, o que provoca unha maior [[continentalidade]] e a existencia de máis glaciares. Isto fai que o [[albedo]] do hemisferio norte sexa maior e contribúa á extremación dos climas: [[inverno]]s máis crus e [[verán]]s máis calorosos por mor da continentalidade. A concentración continental nun hemisferio contribúe tamén ás [[flutuación|flutuacións]] ou pulsacións glaciais. Estas son debidas, como se verá máis abaixo, ás [[oscilacións orbitais]] que fan que unhas épocas os invernos no norte coincidan cerca do [[afelio]] da órbita e outras do [[perihelio]]. Contra o que se poida pensar non son os invernos rigorosos senón os veráns suaves os que rexen os ritmos glaciales. Por iso nas grandes [[glaciación|glaciacións]] do [[pleistoceno]] os invernos do hemisferio norte soenacostuman coincidir cerca do perihelio orbital. Un verán suave non fundiría tanta [[neve]] e traería como consecuencia que os glaciares avanzasen. Así se xera un efecto en cadea que termina por afectar tamén ó hemisferio sur, no cal avanzan tamén os glaciares de montaña¹. Esta historia repetiuse periodicamente segundo as oscilacións orbitais, tal e como explicou [[Milutin Milankovitch]] (''Ver [[Variacións orbitais]]''). A existencia de glaciares continentais permanentes é posible grazas a que hai un continente, a [[Antártida]], que se sitúa sobre o polo sur e a que as masas continentais do norte rodean un pequeno océano boreal sen permitir que o acaden as correntes cálidas. Existindo sempre esa reserva de [[xeo]] permanente é comprensible que cada certo tempo se expandan atinxindo latitudes menores. Así pois, obsérvase que a configuración actual favorece que ditos fenómenos extremos se dean periodicamente.
 
<small> ¹ No hemisferio sur os únicos glaciares continentais importantes concéntranse na [[Antártida]], totalmente cuberta polo [[xeo]]. Os principais glaciares de montaña no sur sitúanse nos [[Andes]], o Kilimanxaro e [[Nova Celandia]]. Debido a todo iso para medir o avance ou retroceso dos glaciares no sur úsanse como indicadores os de montaña.</small>