Faraón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Engádese ficheiro de imaxe. / Axustes no tamaño doutras imaxes.
Moedagalega (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
Tras esta situación, Exipto non volvería converterse nun grande imperio. Desde a toma do poder dos sacerdotes de Amón ata a chegada dunha dinastía forte, a [[XXVI dinastía exipcia|XXVI]], pasaron non menos de catrocentos críticos anos nos que conviviron dous, tres e ata máis faraóns a un mesmo tempo, e o país foi invadido por libios, nubios e asirios. A dinastía XXVI tratou de recuperar o esplendor esquecido do Imperio Antigo, pero a inmediata conquista persa desbarataría todo. Tras iso, os invasores aqueménidas, macedonios e láxidas (estes últimos pertencen á chamada [[dinastía tolemaica]], a última de todas) trataron de adaptarse aos costumes do país e aceptaron ser deificados en vida.
 
[[Ficheiro:RPM_Ägypten_274.jpg|miniatura|160px|<small>[[Estatero de ouro exipcio]] de Nectanebo II co xeroglífico ''nfr-nb''</small><br/><center><hiero>F35-S12</hiero></center>]]
 
O último faraón exipcio recoñecido como tal foi a lendaria raíña [[Cleopatra VII|Cleopatra]]. O último rei nativo, [[Nectanebo II]] gobernara trescentos anos antes, e os faraóns ptolemaícos, de orixe estranxeira, illáronse en [[Alexandría]] e, aínda que respectaron as tradicións ancestrais do pobo, non tardaron en convertelos en semi-escravos. Por iso, non é de estrañar que cando Exipto pasou a formar parte do [[Imperio Romano]], os exipcios non desen importancia ao cambio: os verdadeiros faraóns abandonaran ao seu país moito tempo atrás.