Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 43:
| sitio web = [http://www.valencia.es www.valencia.es]
}}
'''Valencia''' (en [[valenciano]] e oficialmente: '''València''', pronunciado [[Alfabeto Fonético Internacional|[vaˈlensia]]]) é unha cidade [[España|española]] situada na costa do [[mar Mediterráneo]], capital da [[Comunidade Valenciana]], da [[provincia de Valencia]] e da comarca homónima. Ten 807.200 habitantes, sendo a terceira cidade máis poboada de [[España]] por detrás de [[Barcelona]] e [[Madrid]], que aumentan até 1.738.690 coa [[área metropolitana de Valencia|área metropolitana]], chamada L'Horta de València. A cidade tamén é coñecida como ''Cap i Casal'' ou ''Capital do Turia''.
 
É unha cidade industrial e portuaria. Aínda que foi fundada a certa distancia do mar, hoxe atópase unida e ten un dos portos máis importantes do Mediterráneo occidental, xunto cos de [[Barcelona]], [[Marsella]] e [[Xénova]]. A súa economía baséase nas súas funcións administrativas e de servizos, e en ser centro loxístico (porto, feira de mostras, [[aeroporto de Manises]]) para a industria rexional (moble, madeira, téxtil, construción etc.). Durante estes últimos anos está a destacar como un importante destino turístico, grazas á recuperación parcial da [[Ciutat Vella de Valencia|Ciutat Vella]] (Cidade Vella), a construción da [[Cidade das Artes e as Ciencias|Ciutat de les Arts i de les Ciències]] (Cidade das Artes e as Ciencias) e a celebración da America's Cup.