Diferenzas entre revisións de «Manuel Villacampa del Castillo»

Etiqueta: edición de código 2017
 
Nacido en [[Galicia]], a súa familia era orixinaria do [[Alto Aragón]]. Era fillo do [[tenente coronel]] de [[infantería]] José Villacampa Periel e sobriño de [[Pedro Villacampa Maza de Lizana|Pedro Villacampa Periel]], que levou o apelido Maza de Lizama (1776-1854), [[capitán xeneral]] do exército e destacado militar liberal, heroe da [[Guerra da Independencia Española|Guerra da Independencia]]. Logo da morte do seu pai en 1836, a súa nai, Rosa del Castillo, inscribiuno na escola militar.
 
Participou na [[revolución de 1868]], na que tivo un papel destacado na cidade de [[Granada]]. Tamén participou na [[Segunda Guerra Carlista]] (1846-1849) e na [[Terceira Guerra Carlista]] (1872-1876). Durante a [[Primeira República Española]] foi nomeado [[xeneral]] (1873) e gobernador militar de [[CastellónCastelló de la Plana]] (1874). En 1877 foi destituído dos seus cargos e encarcerado no [[castelo de Bellver]]. Ao ser posto en liberdade, comezou a preparar a sublevación republicana do 19 de setembro de 1886 que organizaba como líder civil [[Manuel Ruiz Zorrilla]]. Foi detido, xulgado e condenado a morte. Conmutaronlle a pena pola de prisión perpetua en África, primeiro en [[Fernando Poo]] e dende 1887 en [[Melilla]], onde foi coidado ata o momento da morte pola súa filla Emilia, que procuraba defendelo das humillacións que se lle impuñan.
 
== Vida persoal ==
47.026

edicións