Revolución Rusa de 1917: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Ligazón interna
mSen resumo de edición
Liña 106:
O programa do [[Soviet de Petrogrado]] recollía o asinar a paz de xeito inmediato na [[Primeira Guerra Mundial|primeira guerra mundial]], outorgar a propiedade da terra aos campesiños, a xornada laboral de oito horas e o establecemento dunha república democrática. Este programa resultaba inaplicable pola burguesía liberal que asumiu o poder trala revolución, xa que non asinou a paz, nin revisou a propiedade das terras nin a xornada laboral.
 
Ademais, o Goberno considerou (así como parte dos dirixentes dos soviets e dos partidos revolucionarios) que só a futura Asemblea Constituínte elixida por [[sufraxio universal]] tiña dereito a decidir sobre a propiedade da terra e o sistema social. Pero a ausencia de millóns de votantes que se atopaban combatendo no [[Fronte Oriental (Primeira Guerra Mundial)|fronte]] atrasou a celebración das eleccións (sobre todo porque o goberno continuaba coa guerra). A realización das reformas foi continuamente aprazada ''[[sine die]]''díe. A situación chegou ata tal punto que o goberno abstívose de proclamar oficialmente a República antes de setembro. Tomou así o risco de decepcionar perigosamente á poboación. Por riba, non podía gobernar sen o apoio dos soviets, que contaban co sostén e a confianza da gran masa de traballadores.<ref>[[Léo Figuères]], ''Octobre 17. A révolution en débat'', éditions Le Temps des cerises, Paris, 1995, p. 253</ref>
 
Os soviets estaban dominados polos [[socialismo|socialistas]], os [[menxevique]]s e [[Partido Social-Revolucionario|socialrevolucionarios]]. Os [[bolxevique]]s, malia o seu nome, eran unha minoría. Por aquel momento, os soviets, incluído o [[Soviet de Petrogrado]], demostraron un apoio moderado ao Goberno provisional e non continuaron reclamando as reformas máis radicais, o que obriga a matizar a noción habitual de "dualidade de poderes". A confluencia entre o Soviet de Petrogrado e o Goberno provisional cristalizou na figura de [[Aleksandr Kerenskii]], socialrevolucionario, vicepresidente do Soviet de Petrogrado e ministro de Xustiza e Guerra.