Diferenzas entre revisións de «Snorri Sturluson»

(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8))
 
== Traxectoria ==
Fillo dun caudillo local, chamado ''Sturla Zórdarson'',Snorri Sturloson casou aos vinte anos cunha muller adiñeirada, anos despois separouse, deixándolle dous fillos. Aos 35 anos foi elixido xefe da [[Allthing]] ou Asemblea Lexislativa de Islandia. No ano [[1218]] viaxou a [[Noruega]]. Na corte do rei Hákon recibiu o título de "lenderman" ou barón. Snorri comprometeuse co rei noruegués a que os islandeses aceptasen a dependencia de Noruega. Ao regresar a [[Islandia]], enviou a un dos seus fillos a Noruega en calidade de refén. Debido a estas circunstancias foi declarado traidor de [[Islandia]]. E posteriormente en Noruega foi declarado traidor por non ter cumprido a súa promesa de anexión.
 
No ano [[1224]] contraeu matrimonio por segunda vez, o que o converteu no home máis rico de Islandia. Trala guerra civil en [[Islandia]], Snorri foi asasinado por [[Gizur Thorvaldsson]], enviado por Hákon.
1.482

edicións