Guiso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 7:
Un dos primeiros libros da [[cociña|cociña española]] titúlase ''El libro de los guisados'', publicado en [[1477]] polo cociñeiro da Corte [[Ruperto de Nola]].<ref name="Ruperto">Nola, Ruperto de (1477): ''El libro de los guisados'', Reed. La Val de Onsera, trad. de Dionisio Pérez Gutiérrez.</ref> Este libro procede dunha versión máis antiga titulada en [[lingua catalá|catalán]] ''Libre del Coch'', e nel detállanse numerosas preparacións culinarias da época, sendo unha fonte histórica de gran valor acerca de como se cociñaba no [[século XV]] na [[Mediterráneo|rexión mediterránea]].
 
A palabra empregábase no [[lingua castelá|castelán]] de comezos do [[século XVIII]] como tipo de cocción e aparece no ''Diccionario de autoridades'' (publicado entre os anos 1726 e 1739):<ref name="Aut">RAE (1726): ''Diccionario de autoridades'', entrada: ''guisado''.</ref>"La vianda compuesta y aderezada con caldo, especias y otras cosas, a diferencia del asado o el frito". O mesmo dicionario dá ao termo o seu uso como metáfora de compoñer e ordenar unha cousa.<ref name="Aut" /> A palabra pasou a outras zonas peninsulares e, o dicionario da [[Real Academia Galega]] dá para '''guiso''' o a definición "''s.m.'' Comida guisada" e, para '''guisar''': "''v.t.'' Preparar [unha comida] facendo coce-los alimentos preparados nunha salsa con diversos condimentos".<ref>{{Cita web |url=http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp |título=DRAG. BuscaTermo |data-acceso=18 de setembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100915105501/http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp |dataarquivo=15 de setembro de 2010 |urlmorta=si }}</ref>
 
== Características ==