Imperio Bizantino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 71:
A unidade relixiosa foi ameazada polas [[herexía]]s que proliferaron na metade oriental do Imperio, e que puxeron de relevo a división en materia doutrinal entre as catro principais sedes orientais: Constantinopla, [[Antioquía]], [[Xerusalén]] e [[Alexandría]]. Xa en [[325]], o [[Primeiro Concilio de Nicea|Concilio de Nicea]] condenara o [[arianismo]] que negaba a divindade de [[Cristo]]. En [[431]], o [[Concilio de Éfeso]] declarou herético o [[nestorianismo]]. A crise máis duradeira, con todo, foi a causada pola herexía [[monofisismo|monofisita]] que afirmaba que Cristo só tiña unha natureza, a divina. Aínda que foi tamén condenada polo [[Concilio de Calcedonia]], en [[451]], gañara numerosos adeptos, sobre todo en [[Historia de Exipto|Exipto]] e [[Historia de Siria|Siria]], e todos os emperadores fracasaron nos seus intentos de restabelecer a unidade relixiosa. Neste período iníciase tamén a estreita asociación entre a Igrexa e o Imperio: [[León I (emperador)|León I]] (457-474) foi o primeiro emperador coroado polo [[patriarca de Constantinopla]].
 
A finais do [[século V]], durante o reinado do emperador [[Anastasio I, Emperador(emperador)|Anastasio I]], o perigo que supoñían as invasións xermánicas parece definitivamente conxurado. Os pobos xermánicos, xa asentados no desaparecido Imperio de Occidente, están demasiado ocupados consolidando as súas respectivas monarquías como para interesárense por Bizancio.
 
=== A época de Xustiniano ===