Otto von Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Axustes de lingua
Liña 218:
En realidade Bismarck non desexaba por entón provocar guerra algunha, sobre todo porque sabía que iso era imposible reinando Federico Guillerme IV. No entanto, era plenamente consciente de que algunha vez habería que afrontar ese combate xerado polos problemas do dualismo alemán, e por iso as palabras de Bismarck<ref>Véxase a nota número 4</ref> non falan da desaparición da regulación do dualismo alemán, ao contrario que outras interpretacións erróneas. Nunha carta dirixida ao seu amigo Gerlach, Bismarck esixe unha delimitación das esferas de influencia en Alemaña cunha liña de demarcación xeográfica ou política.<ref name="Stereo">Mommsen, Wilhelm, “Embaixador en Frankfurt, San Petersburgo e París”..., páx. 45</ref> Así polo menos unha [[Guerra dos Sete Anos|guerra como a dos sete anos]] aclararía as relacións entre Prusia e Austria.
 
A Austria amiga deviñera no incondicional inimigo [[Habsburgo]], polo que se estaba perdendo a esperanza de que a situación cambiase cunha política interior austríaca distinta. Prusia seguiría sendo sempre o "suficientemente poderosa como para deixarlle a Austria a liberdade de movementos que ambiciona. A nosa política non ten outro campo de manobras que Alemaña[...] Nós quitámosnos o un ao outro da boca o aire que respiramos, un ten que retroceder, xa sexa voluntariamente ou obrigado por outro". De todos os xeitos, estas palabras non queren dicir que Bismarck se aventurase polo camiño que iniciaría máis tarde, en 1866. A expresión do dualismo milenario, vaga e imprecisa e retrotraída demasiado atrás no tempo, emana do contraste entre a [[Confederación Xermánica|Alemaña do norte e a do sur]], entre a [[Protestantismo|protestante]] e a [[Catolicismo|católica]]. Bismarck non pretendía eliminar o [[dualismo]], senón poñer en hora o reloxo do progreso.<ref name="Heinrich">Winkler, Heinrich August, “Persönlichkeit und Gedanken”... páxs, 339-368.</ref> A este respecto, Bismarck era consciente de que a Alemaña do norte era unha zona de influencia de Prusia. Esta nación non estaba aínda fixada, e así o demostraba unha simple olleada ao mapa. Nesta situación, Bismarck pensou ata en estabelecer [[Diplomacia|contactos políticos]] coa [[Francia]] de [[Napoleón III de Francia|Napoleón III]]. Outras potencias crían que Prusia e Francia non poderían converxer xamais, e isto debilitaba a posición de Prusia. Bismarck visitou dúas veces París desde [[FrankfortFrankfurt]] para entrevistarse con Napoleón, e tivo a impresión -xusta polo demais- de que o sobrino do [[Napoleón Bonaparte|gran Napoleón]] era máis anódino e banal do que o mundo supoñía.<ref name="Stereo" /><ref name="Heinrich" />
 
Os contactos de Bismarck con Napoleón provocaron unha famosa disputa con Gerlach sobre unhas directrices políticas determinadas pola situación interna. Para Gerlach, Napoleón representaba o [[Revolución|fermento revolucionario]] e en consecuencia calquera tipo de negociación con el supoñía unha acción diabólica. Ao revés que o seu amigo Bismarck, Gerlach pensaba que as conviccións sobre política interior carecían de relevancia no campo da política exterior. De Francia unicamente interesáballe a súa reacción fronte a Prusia.