Diferenzas entre revisións de «Pac-Man»

m
(elimino sintaxe desbotada)
Billy Mitchell, en [[1999]] xogou por primeira vez unha partida perfecta de ''Pac-Man'', entendéndose como tal unha partida na que o xogador debe completa-los 255 niveis coa puntuación máxima sen ser capturado nin unha soa vez. A puntuación máxima é de 3.333.560 puntos.
 
Non obstante, en decembro de [[1982]], un cativo de oito anos chamado Jeffrey R. Yee recibiu unha carta do entón [[presidente dos Estados Unidos]] [[Ronald Reagan]] na que o felicitaba por consegui-lo récord mundial de 6.131.940 puntos, unha puntuación que só se pode acadar se o xogador pasa polo nivel da pantalla partida. Debátese acaloradamente sobre se este feito tivo realmente lugar ou non nos círculos de videoxogos dende entón. Billy Mitchell ofreceu 100.000 [[Dólar estadounidense|dólares]] ó que puiderapuidese completar (e demostrar que o fixera) o nivel da pantalla partida antes do [[1 de xaneiro]] de [[2000]], porén ninguén puido logralo.
 
== Notas ==