Gran Premio dos Estados Unidos de 1959: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Sumario: Florida, Estados Unidos de América
Moedagalega (conversa | contribucións)
* él > el.
Liña 86:
Moss liderou a carreira desde o principio e abríu unha brecha de dez segundos sobre Brabham, pero logo de só cinco voltas retirouse ca caixa de cambios rota. Xa fora da carreira polo título, Brooks, que fora desprazado da primeira fila pola audaz cualificación de Schell, foi embestido por detrás polo seu compañeiro de equipo von Trips na primeira volta e parou a examinar os danos. A parada custoulle dous minutos, e resultou ser innecesaria. Aínda que se reincorporou e fixo unha sensacional carreira terminou terceiro, nunca tivo unha oportunidade realista con Brabham.
 
Brabham tomou o liderado de Moss, mentres o seu compañeiro McLaren, seguiuno en segundo lugar durante a maior parte da carreira. A metade da carreira, debido a problemas mecánicos, Brabham desacelerou e permitiu a McLaren acercarse preto de éldel, e Trintignant, co Rob Walker Cooper comezou a rebaixar a grandes bocados a súa vantaxe, xa que o seu equipo de mecánicos mantíñalle informado da súa posición.
 
Cando comezou a última volta, Trintignant ía só catro segundos por detrás dos dous líderes. Na longa recta do aeroporto, a dúas curvas do final, o coche de Brabham comezou a fallar, e rodou ata deterse a 400 metros da liña de meta, sen gasolina. Negárase a seguir os consellos do director do equipo Cooper de iniciar a carreira cos tanques cheos, coa esperanza de atopar máis velocidade cun coche máis lixeiro. McLaren, sorprendeuse ao ver a desaceleración de Brabham, levantou o pé e reduciu tamén. Brabham fíxolle un xesto frenéticamente, e McLaren acelerou xusto a tempo para manter a súa vantaxe na última curva e cruzar a liña a menos dun segundo por diante de Trintignant, que establecera a volta rápida da carreira, a só tres voltas do final.