Micenas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Moedagalega (conversa | contribucións)
* él > el.
Liña 23:
Crese que a [[acrópole]] ou "cidade alta" de Micenas foi fortificada no [[-1500|1500 a.C.]] aproximadamente, debido á presenza de [[túmulos verticais]] que datan deste período. As fortificacións na acrópole e noutros outeiros circundantes reconstruíronse aproximadamente no [[-1350|1350 a.C.]] nun estilo coñecido como "ciclópeo", porque os bloques de pedra usados eran tan grandes que os gregos xulgaron que foron traballo de xigantes dun único ollo, coñecidos como [[ciclope]]s. Dentro destes muros, parte dos cales aínda poden ser vistos, erguéronse palacios monumentais.
 
En períodos posteriores, os micénicos pararon de enterrar os seus reis en túmulos verticais e pasaron a construír enormes sepulturas circulares chamadas ''[[tholoi]]'', frecuentemente construídas nos lados dos outeiros. A maior delas (o Círculo A) foi descuberta polo arqueólogo alemán [[Heinrich Schliemann]]. Como esas enormes sepulturas foron saqueadas moito tempo antes, élel non se decatou que era un túmulo e deulle o nome de [[Sala do Tesouro de Atreo]].
 
A construción máis coñecida de Micenas é a Porta dos Leóns, que ergueuse aproximadamente no [[-1250|1250 a.C.]]. Nesta época, Micenas probabelmente era unha cidade próspera, cun poder político, militar e económico que se estendía até [[illa de Creta|Creta]], [[Pilos]], no Peloponeso occidental, e até [[Atenas]] e [[Tebas, Grecia|Tebas]]. Pero preto do [[-1200|1200 a.C.]] o poder de Micenas estaba xa declinando e durante o século XII a.C., o dominio micénico entrou en colapso. Tradicionalmente, isto atribúese a unha invasión dos [[Dóricos|dorios]], gregos do norte, aínda que algúns historiadores dubiden que tal invasión teña acontecido.