Robur Carolinum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Moedagalega (conversa | contribucións)
* él > el.
Liña 3:
'''Robur Carolinum''', o carballo de Carlos, é unha [[constelación]] obsoleta creada por [[Edmund Halley]] no [[1679]] con estrelas da [[Argo Navis]]. Halley creouna na honra do seu patrón [[Carlos II de Inglaterra]], para conmemora-lo carballo no que o rei Carlos se agochara durante 24 horas despois da súa derrota provocada por [[Oliver Cromwell]] a mans das forzas republicanas na batalla de Worcester.
 
Halley navegou á illa de Santa Helena, no sur do Océano Atlántico, no [[1676]] para observa-las estrelas do sur. ÉlEl presentou os seus resultados á [[Royal Society]] de [[Londres]] ó seu regreso no [[1678]] e o ano seguinte publicou o seu catálogo de estrelas do sur, ''Catalogus Stellarum Australium'', acompañados dun mapa. Halley describiu a súa nova constelación coma unha "perpetua memoria" do Rei, pero resultou ser menos permanente do que a calquera deles lles tería gustado. Robur Carolinum foi rexeitada polo astrónomo francés [[Nicolas Louis de Lacaille]], quen realizou un mapa das estrelas do sur moito máis completo 75 anos despois de Halley, e a meirande parte dos astrónomos seguiron o seu exemplo, aínda que [[Johann Elert Bode]] incluíuna no seu atlas de [[1801]] coma Robur Caroli II.
 
Hoxe en día Robur Carolinum forma parte das constelacións de [[Carina]] e [[Vela (constelación)|Vela]], e estaba situada na parte oriental das mesmas. A [[Vía Láctea]] atravesaba esta antiga constelación que contiña algunhas estrelas brillantes coma [[Mu Velorum|μ Velorum]] ([[magnitude aparente]] 2,69), [[Theta Carinae|θ Carinae]] (magnitude 2,74) e [[Omega Carinae|ω Carinae]] (magnitude 3,29).
 
== LigazónsVéxase externastamén ==
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.pa.msu.edu/people/horvatin/Astronomy_Facts/obsolete_pages/robur_carolinum.htm Robur Carolinum. Obsolete constellations (Shane Horvatin)] {{en}}
* [http://www.ianridpath.com/startales/robur.htm Robur Carolinum. Star Tales (Ian Ridpath)] {{en}}