Exeria (escritora): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
== Vida ==
[[Ficheiro:EtheriaCover.jpg|miniatura|200px|Portada do libro ''The Pilgrimage of Etheria'', nunha tradución de 1919 por M. L. McClure e C. L.]]
Algúns autores considerárona parente de '''Aelia Flacilla''', primeira muller de [[Teodosio I|Teodosio o Grande]]. '''A.Aimé Lambert''' avanzou unha hipótese segundo a cal se trataría da irmá de '''Gala''', de quen fala San Xerome como parella de [[Prisciliano]]. Esta hipótese e a súa calidade de muller independente e audaz, así como a súa orixe galaica, serviron como base a algúns autores para adscribila ao movemento [[priscilianismo|priscilianista]].
[[Ficheiro:Templo de Luxor.jpg|miniatura|Templo de [[Luxor]], porta de entrada: estatuas sedentes de [[Ramsés II]], na antiga [[Tebas, Exipto|Tebas]], visitada por Exeria.]]
A súa obra ''[[Itinerarium Egeriae]]'' narra a viaxe que realizou ao [[Oriente Próximo]] entre os anos [[381]] e [[384]] (datas aceptadas máis comunmente), que lle outorga a consideración de primeira escritora hispana en [[lingua latina]]. Atravesou o sur de Galia (hoxe [[Francia]]) e o norte da [[península Itálica]]; cruzou en barco o [[mar Adriático]]. Sábese que chegou a Constantinopla no ano 381. De aí partiu a [[Xerusalén]] e visitou [[Xericó]], [[Nazaret]] e [[Cafarnaúm]]. Partiu de Xerusalén cara ao Exipto no ano 382, visitou [[Alexandría]], [[Tebas, Exipto|Tebas]], o [[mar Vermello]] e o [[Sinaí]]. Visitou logo [[Antioquía]], [[Edesa]], [[Mesopotamia]] o [[río Éufrates]] e [[Siria]] desde onde regresou vía Constantinopla. Non hai constancia da data, do lugar, nin das circunstancias da súa morte.