Exeria (escritora): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Liña 18:
En [[1884]] o ''[[Codex Aretinus]]'' foi atopado por [[Gian Francesco Gamurrini]] na Biblioteca da Confraría de Santa María de Laicos (Biblioteca Della Confraternitá dei Laici) en [[Arezzo]] ([[Toscana]]). Este manuscrito latino, escrito en letra beneventana, composto de 37 pregos divididos en dúas partes, é copia dun documento redactado contra finais do [[século XI]], no que na segunda parte se conserva a metade do texto feito por unha muller da que xa tiñamos noticias do ano [[680]] polo monxe [[Valerio do Bierzo]], que coñeceu os seus méritos. Este fora redactado no [[mosteiro de Montecassino]], e trasladado a Arezzo por Ambrosio Restellini, abade de Montecassino desde o ano [[1599]] ao [[1602]]. Na actualidade o manuscrito consérvase no museo da cidade de Arezzo.
 
Gamurrini atribuíu o relato a [[Silvia de Aquitania]], irmá de [[Rufino de Aquitania]], mencionada por [[Paladio]] na súa ''[[Historia Lausíaca]]'', de quen se coñecía unha peregrinación similar á relatada por Constantinopla, Exipto e Xerusalén. Durante case vinte anos consolidouse a hipótese de Silvia, ou Silvina como autora do texto, ata que no ano [[1903]] [[Mario FerotínFérotin]] publica un estudo na ''Revista de Cuestiones Históricas'' atribuíndo o mesmo á virxe hispana Exeria. Existe outra referencia que permite encher algunhas das lagoas dos primeiros folios ausentes do manuscrito: o ''[[Liber de locis sanctis]]'' de [[Pedro Diácono]], quen tamén menciona a peregrina galega.
 
[[Ficheiro:Roman Empire Map.png|miniatura|Grazas á ''[[Pax romana]]'' unha cidadá do imperio podía viaxar desde Gallaecia até Mesopotamia. Isto sucedía entre os anos 381 e 384.]]