Bette Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 100:
Ela apareceu representandose a si mesma na película ''[[The Hollywood Canteen]]'' (1944), que utilizaba a cantina como escenario dunha historia ficticia.<ref>«[http://www.imdb.com/title/tt0036922/ Ficha de ''Hollywood Canteen'' (1944)]» (en inglés) IMDb.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2020.</ref> Davis comentou máis adiante: «Hai poucos logros na miña vida dos que estou sinceramente orgullosa. A Cantina de Hollywood é un de eles». En 1980 foi galardoada coa Medalla ao Servizo Civil do Exército, un dos máis altos galardóns civís entregados polo [[Departamento de Defensa dos Estados Unidos]], polo seu desempeño na Cantina de Hollywood.<ref name="betofi"/>
[[Ficheiro:Davis henreid now voyager.jpg|miniatura|200px|Davis con [[Paul Henreid]] en [[Now, Voyager]] (1942), un dos seus papeis máis emblemáticos]]
Davis mostrou pouco interese na película Now, Voyager (1942), ata que [[Hal B. Wallis]] fixolle ver que o público feminino necesitaba dramas románticos para distraerse da realidade das súas vidas. Converteuse nun dos máis coñecidos dos seus "cadros de mulleres". Nunha das escenas máis imitadas da película, [[Paul Henreid]] acende dous cigarros mentres mira aos ollos de Davis e pásalle un. Os críticos cinematográficos felicitaron a Davis pola súa actuación, e a [[National Board of Review]] comentou que ela lle deu á película "unha dignidade que o guión non garante plenamente".<ref>Ringgold (1966), p. 120.</ref>
 
== Notas ==