Bette Davis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 95:
=== Esforzo de guerra e traxedia persoal (1942-1944) ===
 
Despois do [[ataque a Pearl Harbor]], Davis pasou os primeiros meses de 1942 vendendo [[bonos de guerra]].<ref>«[http://www.nationalww2museum.org/learn/education/for-teachers/primary-sources/war-bonds.html Primary sources: war bonds]» (en inglés) The National WWII Museum New Orleans. Consultado el 11 de xaneiro de 2013.</ref> Enfadouse con Jack Warner logo de que este criticase a súa tendencia a engatusar ás persoas e sentise que ela estaba a levar a súa imaxe demasiado lonxe.<ref name="Home"/> Con todo, a actriz continuou cos seus propios métodos e mesmo visitou fábricas en [[Oklahoma]], onde arengou a unha multitude para contribuír materialmente como parte dos esforzos necesarios para colaborar na guerra.<ref name="Home"/> En apenas dous días recadou dous millóns de dólares en bonos e outros 250&nbsp;000&nbsp; USD por unha fotografía súa en ''Jezabel''.<ref name="Home">Ciment (2006), p. 567.</ref> Tamén formou parte de rexementos integrados por persoas de cor (Davis era a única integrante branca) nun grupo actoral conformado por [[Hattie McDaniel]], [[Lena Horne]] e [[Ethel Waters]].<ref>Spada (1993), pp. 191-92.</ref>
 
[[Ficheiro:Davis henreid now voyager.jpg|miniatura|200px|Davis con [[Paul Henreid]] en [[Now, Voyager]] (1942), un dos seus papeis máis emblemáticos]]
Logo da suxerencia de [[John Garfield]] de abrir un club para militares en Hollywood, Davis, coa axuda de Warner, [[Cary Grant]] e [[Jule Styne]]) transformou un antigo club nocturno na Cantina de Hollywood (The Hollywood Canteen), que se inaugurou o 3 de outubre de 1942.<ref name="canteen">«[http://www.hollywoodcanteen.net/canteenhistory.htm The History of "The Hollywood Canteen"]» (en inglés) Hollywood Canteen. Consultado o 14 de xaneiro de 2020.</ref> As estrelas máis importantes de Hollywood ofreceron levar a cabo servizos de animación aos militares. Davis asegurou que todas as noites habería unas cantas figuras «importantes» para os soldados que se achegasen ali.<ref>Spada (1993), pp. 191–193.</ref>
Ela apareceu representandose a si mesma na película ''[[The Hollywood Canteen]]'' (1944), que utilizaba a cantina como escenario dunha historia ficticia.<ref>«[http://www.imdb.com/title/tt0036922/ Ficha de ''Hollywood Canteen'' (1944)]» (en inglés) IMDb.com. Consultado o 14 de xaneiro de 2020.</ref> Davis comentou máis adiante: «Hai poucos logros na miña vida dos que estou sinceramente orgullosa. A Cantina de Hollywood é un de eles». En 1980 foi galardoada coa Medalla ao Servizo Civil do Exército, un dos máis altos galardóns civís entregados polo [[Departamento de Defensa dos Estados Unidos]], polo seu desempeño na Cantina de Hollywood.<ref name="betofi"/>
 
== Notas ==