Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m gran_grande
4bot (conversa | contribucións)
m renta_renda
Liña 64:
Nunha primeira "ondanada" de colonización, a refírese a un grupo de campesiños que cruzaban as montañas e se asentaban nas terras despoboadas da conca do Douro para practica-la [[agricultura]]. A monarquía asturiana promovía este sistema de outorgar ao campesiñado toda a terra que puidera traballar e defender como propiedade del. Máis adiante tamén os grandes señores asturianos e galegos, así como tamén o clero, e sobre todo os mosteiros [[beneditinos]] enviarían as súas propias expedicións con campesiños aos que dominaban mediante relacións feudais, o que creará toda unha rede na fronteira. Co tempo so primeiros campesiños libres irán desaparecendo e tódolos campesiños devirán en vasalos feudais.
 
Foi precisamente coa aparición do [[feudalismo]], a principios do [[século X]], cando a conquista acelerouse polo desexo dos señores feudais, incluídos os reis, de conseguir novas terras. A partires deste momento as cidades e os pobos gañaron maior importancia co rexurdimento do comercio e a expansión monetaria á baixa Idade Media. Tamén a fortaleza da monarquía permitiu controlar en meirande parte o proceso de colonización e regular a emigración cara o sur das poboacións feudalizadas. Así fai falla diferenciar entre as terras directamente poboadas polos reis, basicamente as cidades e vilas aínda que non unicamente, e as donacións en feudo a señores feudais laicos, mosteiros e ordes militares que atraían poboación concedéndolles rentasrendas menos fortes cás que tiñan os seus lugares de orixe, onde o feudalismo facía séculos que estaba consolidado
 
A partires do [[século XIII]], cando a monarquía xa dominaba o proceso, a colonización organizouse mediante os coñecidos [[Libro do Reparto|Repartos]], polos que os monarcas repartían o territorio conquerido a [[al-Ándalus]]. As doazóns podían ser directamente a labregos en pequenas proporcións, ou ben a señores feudais que posteriormente repartirían a outros labregos. Con este método vaise colonizar os reinos de [[Reino de Mallorca|Mallorca]], [[Reino de Valencia|Valencia]], [[Reino de Murcia|Murcia]], [[Reino de Sevilla|Sevilla]] e [[Reino de Xaén|Xaén]], e máis tarde o de [[Reino de Granada|Granada]].