Cañita Brava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Correccións automáticas
4bot (conversa | contribucións)
m chino_chinés
Liña 1:
{{atención}}
'''Cañita Brava''' é un autoproclamado artista multifacético galego que saltou á fama a comezos dos anos 90 e que é recoñecido como un dos pioneiros do frikismo en España. Entre algunhas das súas mellores cancións atópanse clásicos coma "La pichina", "El fugitivo", "Twist esa chica", "Espikinllú" ou "Los invasores", ademais doutros temas inesquecíbeis coma "Canción en chinochinés" ou "Canción en ruso", nos que amosa unha capacidade innata para compoñer e cantar en linguas estranxeiras.
 
Natural de [[As Xubias]], na provincia de [[A Coruña]], Cañita Brava descubriu a súa inclinación ao mundo do espectáculo cando comprobou que a súa versión do famoso merengue "Caña brava" era aceptado con entusiasmo polos veciños e amigos da súa vila. Antes de adicarse á canción, Cañita traballaba no peirao da súa localidade natal, mais decidiu deixar ese traballo porque estaba a perxudica-las súas cualidades vocais. Tras algunhas actuacións de carácter local que axudaron a establece-lo seu nome, Cañita tivo a súa primeira grande oportunidade cando apareceu no lexendario programa de [[TVE]] ''El semáforo'', presentado por [[Jordi Estadella]] e a diva francesa [[Marlene Mourreau]]. Atopabámosnos nuns intres --comezos da década dos noventa-- nos que os frikis aínda non penetraran na cultura televisiva española, na actualidade completamente asulagada por personaxes deste tipo, polo que o éxito de Cañita rachou moldes e contribuíu a abri-las portas a toda unha xeración de frikis que chegarían despois, xente coma Tamara, o Cuñao ou o Pozí. Todos eles teñen unha débeda indiscutíbel con Cañita, que coas súas intervencións en ''El semáforo'' e moitos outros programas televisivos camiñou por vieiros ata entón inexplorados na pequena pantalla española.