Filipe Neri: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Santos (Catolicismo)" pola categoría "Santos do catolicismo"
{{sen referencias}}; Categoría:Nados en Florencia
Liña 1:
{{sen referencias}}
 
 
{{Biografía}}
[[Ficheiro:Frari (Venice) - Sacristy - Saint Philip Neri.jpg|miniatura|Retrato de San Filipe Neri.]]
'''Filipe Neri''', nado en [[Florencia]] o [[21 de xullo]] de ([[1515]]- e finado en [[Roma]] en maio de [[1595]]), foi un relixioso italiano. Denominado ''apóstolo de Roma'' nun momento de grande desprestixio da relixión católica en [[Europa]], está considerado [[Patrón]] dos [[humor]]istas.
 
== Vocación Traxectoria==
Fillo dun notario de [[Firenze|Florencia]], renunciou a unha prometedora vida de negocios e marchou para [[Roma]] onde viviu con grande austeridade dos servizos prestados como preceptor dunha familia. Polas noites ía meditar ás [[catacumba]]s da cidade, xunta a [[Vía Apia]], onde empezou a ter as primeiras experiencias [[mística]]s. Combinaba a súa vida de preceptor co estudo e comezou a brillar en [[filosofía]] e [[teoloxía]], pero supetamente abandonou as tarefas intelectuais e se concentrou no apostolado, na pobreza e na oración.
 
Aínda que tivo inquedanzas [[misioneiro|misioneiras]] pola súa admiración a [[Francisco Xabier]], chegou á convicción de que Roma, a cidade do [[Papa]], era paradoxalmente unha cidade pagá, a súa [[India]], debido á corrupción e a ostentación do [[clero]], a desorientación dos crentes e a moitedume de necesitados e enfermos que había que atender.
 
== =Conflitos coa xerarquía ===
Deste xeito, adicouse á predicación cun estilo alegre e desenfadado, ata o punto de que foi denominado o ''santo comediante'' e o bromista divino. As súas tolerías e excentricidades foron gañando á xente sinxela coa que dialogaba na praza pública. Reuniu a un grupo de seguidores máis achegados cos que organizou labores de hospitalidade de peregrinos, atención aos marxinados e coidado dos enfermos. O seu estilo e actividades resultaron ofensivas para a xerarquía, sendo vítima de aldraxes e da marxinación por parte de altos xerarcas eclesiásticos e [[cardeal (relixión)|cardeais]]. Nunca respondeu aos ataques dos seus inimigos, se ben reprochou con sinxeleza ás altas personalidades da [[Igrexa católica]] o seu poder e a súa relaxación. Naquel intre, no [[colexio cardenalicio]] gobernaban os [[Medici]]. Entre os seus máis furibundos detractores estaba o propio vigairo do Papa [[Paulo IV, papa|Paulo IV]], Cardeal Rosaro. Pero el nunca consentiu que se falase mal do seu máis alto perseguidor.
 
== =Fundacións e actividades ===
Fundou o hospital de [[Santa Trindade]] dos [[Peregrino]]s e Convalecentes. No ano xubilar de [[1574]], chegou a atender a uns 140.000.
 
Liña 21 ⟶ 24:
 
== Experiencias místicas ==
De Felipe Neri cóntanse visións sobrenaturais; levitacións; o don de dar alegría aos desesperados e saúde aos enfermos. El mesmo confiou que sentía unha gran bóla de lume que lle estoupaba no peito co amor de Deus e aos homes. Asegúrase que na autopsia se comprobou que presentaba un acusado desprazamento das costelas ao carón do corazón, algo confirmado por investigacións médicas posteriores{{cómpre referencia}}.
 
 
{{Control de autoridades}}
Liña 29 ⟶ 33:
[[Categoría:Santos do catolicismo]]
[[Categoría:Nados en 1515]]
[[Categoría:Nados en Florencia]]
[[Categoría:Finados en 1595]]
[[Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina]]