Vándalos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Lista de reis vándalos (Silingos): +control autoridades using AWB
Liña 33:
O reinado do seu fillo e sucesor [[Hunerico]] (477-484) supuxo un paso máis na tentativa de fortalecer o poder real, destruíndo toda xerarquía sociopolítica alternativa. O seu intento de establecer un sistema de sucesión patrilineal chocou coa oposición de boa parte da nobreza de servizo e da súa propia familia, co resultado de sanguentas purgas. O que dita oposición buscase apoio na Igrexa católica supuxo que Hunerico iniciase no 483 unha activa política de represión e persecución da mesma, que culminou na reunión en febreiro do 484 dunha conferencia de bispos arianos e católicos en Cartago, na que o rei ordenou a conversión forzosa ao arianismo. A morte de Hunerico no medio dunha gran fame negra testemuñou o comezo dunha crise no sistema fiscal do Reino vándalo, que habería de serlle fatal.
 
[[Guntamundo]] (484-525) trataría inutilmente de buscar boas relacións coa antes perseguida Igrexa católica para impedir a extensión do poder dos principados bérberes, e como lexitimación do Reino vándalo fronte a un imperio [[imperio Bizantino|constantinopolitano]] que coa política relixiosa do emperador [[Zenón, Emperador(emperador)|Zenón]] rompera co Catolicismo occidental.
 
Con todo, o reinado do seu irmán e sucesor [[Trasamundo]] (496-523) sería unha síntese dos dous precedentes, claro síntoma do fracaso de ambos. A falta de apoios internos, Trasamundo buscaría sobre todo alianzas externas con [[Bizancio]] e o poderoso [[Teodorico o Grande|Teodorico]], casando coa irmá deste, [[Amalafrida]].