Difference between revisions of "Eduardo Vincenti"

no edit summary
 
== Biografía ==
Realizou os estudos de [[dereito]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Deuse a coñecer no periódico ''[[El Eco de Tambo]]'' e desenvolveu unha notable carreira política: militando no [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]], foi deputado por [[Pontevedra]] desde 1886 ata o seu falecemento (renovou a súa acta de deputado en quince ocasións), director xeral de Administración e Fomento do Ministerio do Interior, Director Xeral de Ensino Primario, concelleiro e alcalde de Madrid (1905-06), presidente do Consello de Instrución Pública, e vicepresidente primeiro do [[Consello de Ministros de España|Consello de Ministros]].
En [[1897]] dirixiu en Madrid o ''Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional''. Colaborou na revista órgano de La Unión Ibero-Americana (1904) e en ''[[La Revista Popular]]'' (1904).
 
[[Ficheiro:Eduardo Vincenti.jpg|miniatura|150px|Estatua en Pontevedra.]]
Estivo casado con Dolores Montero Villegas, filla de [[Eugenio Montero Ríos]], de quen foi aliado político.
 
Como deputado por Pontevedra ocupouse a miúdo, tanto de asuntos relacionados co ensino público e co profesorado, como do desenvolvemento da [[agricultura]] e das cuestións sociais, chamando a atención sobre a necesidade de transformar a propiedade da terra rexida polo sistema foral en propiedade libre. Presentou e defendeu en [[1907]] unha proposición de lei sobre [[Foro (contrato)|foros e subforos]].
 
[[Ficheiro:Sepulcro Eduardo Vincenti.jpg|miniatura|Sepulcro no [[cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra]].]]
Tamén tivo unha grande preocupación polo desenvolvemento da [[educación]], como puxo de manifesto nas súas intervencións parlamentarias que reuniu nun texto editado en [[1916]], nas intervencións realizadas desde a presidencia de diversas Asembleas nacionais e rexionais e congresos de interese pedagóxico. Foi Presidente da Liga de los Amigos de la Enseñanza e dirixiu o ''Boletín de la Liga Protectora de la Educación Nacional'' a comezos do [[século XX]], con marcados acenos rexeneracionistas; era un dos vocais da [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]].
 
A súa defensa constante da necesidade de melloras corporativas e profesionais para o Maxisterio deulle credibilidade entre este sector profesional, que o honrou dedicándolle un busto e un singular pedestal nos xardíns da Alameda de Pontevedra.
 
== Obras ==
[[Ficheiro:Sepulcro Eduardo Vincenti.jpg|miniatura|Sepulcro no [[cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra]].]]
* ''Estudios sobre las reformas penitenciarias'' (1880).
* ''Reformas más convenientes para el mejoramiento de la clase obrera'' (1884).
* ''La propiedad foral en Galicia'' (1888), con prólogo de [[Joaquín Díaz de Rábago]], [[Biblioteca Gallega]].
* ''La libertad de prensa'' (1902).
* ''Estudios sobre emigración'' (1908).<ref>[http://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4350 Reeditado en 2020] polo [[Consello da Cultura Galega]].</ref>
* ''Política pedagógica. Treinta años de vida parlamentaria y extraparlamentaria'' (1916).
* ''El problema agrario en Galicia. Redención de censos y foros. Acción parlamentaria'' (1917).
E unha adaptación de ''[[El Quijote]]'' para nenos.
 
== Galería de imaxes ==
{{Galería
|align=center
|Ficheiro:La propiedad foral en Galicia 1888 Biblioteca Gallega.jpg|''La propiedad foral en Galicia''.
|Ficheiro:Estudio sobre emigración 1908.pdf|''Estudio sobre emigración''.
|Ficheiro:La educación popular, memoria 1911.jpg|''La educación popular: memoria''.
[[|Ficheiro:Eduardo Vincenti.jpg|miniatura|150px|Estatua en Pontevedra.]]
}}
 
== Notas ==
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |artigo=Vincenti Reguera, Eduardo |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=3 |páxina=318 |editorial=[[Ir Indo|Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita enciclopedia |autor= |artigo= |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |isbn=84-87804-88-8 }}
* {{Cita libro |ligazónautor=Antonio Couceiro Freijomil |apelidos={{Versaleta|Couceiro Freijomil}} |nome=Antonio |ano=1951-53 |título=[[Diccionario bio-bibliográfico de escritores]] |volume=III |páxina=525-526 |editorial=[[Editorial de los Bibliófilos Gallegos|Bibliófilos Gallegos]] |lingua=Es }}
{{commonscat}}
=== Ligazóns externas ===
{{Álbum de Galicia|4190}}
{{Álbum da JAE|77}}
 
{{Start box}}
{{succession box|fila 1
177,940

edits