Penarrubia, Baralla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Homoxeneización de == Ligazóns externas == e == Véxase tamén ==
4bot (conversa | contribucións)
m santo
Liña 17:
O [[retablo]] da capela maior é neoclásico. Nos primeiros anos da década dos sesenta foi repintado por mans totalmente inexpertas con xaspeados de mal gusto. No seu ático ofrece unha [[pintura]] dun crucificado ao óleo sobre madeira tamén lamentabelmente estragada polo mesmo pintor que coloreou o retablo. A única talla que merece algún interese é unha santa Lucía, situada sobre unha peaña enriba da porta sur que dá acceso á sancristía.
 
O retablo da nave sur é unha boa manifestación barroca. Foi pintado no ano [[1767]]. Está dourado e consérvase en bo estado malia o deterioro prolongado da teitume que veu filtrando augas e humidades desde hai moitos anos. Presenta estípites como elementos substentantes e consta dun corpo de tres fornelas e un ático. As tallas que o compoñen son de boa calidade: unha Virxe do Carme, que preside, un sansanto Alberte Magno, que, polo deterioro presenta o toco da súa man esquerda, e un san Franco de Siena, cabaleiro disoluto que é castigado coa cegueira polos seus pecados e que, unha vez conseguido o perdón, peregrina a [[Santiago de Compostela|Compostela]] e ingresa na orde carmelita. No sagrario hai dous gravados que representan as ánimas do purgatorio.
 
O retablo da nave norte, máis sobrio, tamén con estrutura de tres fornelas e un ático, presenta elementos [[barroco]]s mesturados con algúns indicios xa [[neoclásico]]s. Está presidido pola talla de sansanto Antonio. As outras imaxes son as de san Ramón e san Roque, todas elas de menor interese artístico. Lamentabelmente, á talla de San Roque fáltalle desde hai pouco tempo o cadelo que lle lambía a chaga da perna.
Na parte superior estaban as imaxes dos santos Pedro e Paulo, tamén desaparecidas. Tamén se recorda entre os veciños a existencia da talla de San Blas, actualmente en paradoiro descoñecido.