Adelán, Alfoz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Poño "category" en maiúscula
4bot (conversa | contribucións)
m santo
Liña 15:
Os seguintes tres monumentos atópanse na aldea da Igrexa. O primeiro deles é a '''Igrexa parroquial de Santiago de Adelán'''. A igrexa actual é o fruto dunha serie de intervencións ao longo dos seculos. Do seculo XII consérvanse algúns elementos, aínda que a parroquia xa existía no seculo VII (outras testemuñas din que hai documentos que tamén se refiren á parroquia de San Vicente de Lagoa do mesmo século) e hai autores que datan a portada no seculo X, pero o resto da construción é do seculo XVII. Ten tres naves separadas por arcos de medio punto e a sacristía situada detrás da cabeceira. A fachada principal conserva a portada románica, con arco de medio punto con duas arquivoltas e columnas con capiteis figurativos; son curiosas as basas, que son en realidade capiteis invertidos, o que fai cavilar na reutilización de elementos arquitectónicos anteriores. Ten espadaña de dous vanos e conservanse retablos no interior.
 
O segundo dos monumentos é a '''Torre de Adelán''', á que podemos acceder desde Burela dirixindonos a Ferreira e desde aquí en dirección a Mondoñedo. A 6,5 Kms está Adelán. Aquí debemos acercarnos pola estrada de Mondoñedo até o ramal que vai en dirección Carballido e SanSanto Acisclo, e a 50 metros está o Pazo. Ao estar en propiedade privada non é visitable. Axardinado e cercado, cun muro de pedra a entrada cunha enmarcadura na porta dun arco. Encontrase nas proximidades da Igrexa Parroquial. Posúe dous corpos: un cadrangular con cuberta a catro auguas e con solaina de pedra, e o outro constituido por diversas pezas almenadas que representan a Torre. Empregouse cantería na torre e nunha fachada principal. A construción é sólida, perfectamente coidada cun Escudo da familia.
 
Tamén nesta localidade encontramos a '''Casa do Pazo de Adelán''' que é propiedade privada non visitable. Encontrase nunha finca situada nunha zona chá e rodeada de suaves outeiros boscosos. Antes estaba amurallada e agora está dividida polas pistas rurais que a atravesan. A planta ten forma de L, formada por unha torre no ángulo e dous corpos engadidos. Está fabricada de mampostería de granito, ten un patín de pedra orientado ao poñente. Posúe unha torre de tres plantas.