Johannes Vermeer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m elimino sintaxe desbotada (via JWB)
Lles (conversa | contribucións)
m Lingua
Liña 31:
 
== Traxectoria ==
Sábese relativamente pouco acerca da vida de Vermeer, a excepción dalgúns feitos básicos anotados en rexistros e documentos legais. Vermeer naceu en [[Delft]] ([[Países Baixos]]) e permaneceu alí toda a súa vida. Foi soterrado na [[Igrexa vella de Delft|Igrexa Vella]] (''[[Igrexa vella de Delft|Oude Kerk]]'') en Delft.<ref>[https://oudeennieuwekerkdelft.nl/iglesia-vieja/gente-famosa Listaxe de personaxes soterrados na Igrexa Vella de Delft], no sitio web oficial da igrexa ''(en inglés e castelán)''</ref> É, despois de [[Rembrandt]], o máis famoso pintor holandés máis famoso do século XVII, un período coñecido como a idade de ouro de Holanda polas súas asombrosas realizacións artísticas e culturais.
 
A súa obra é escasa: trinta e catro cadros de escenas de interior (como ''A Leiteira'') ou retratos (''Rapaza con turbante'') e dúas paisaxes urbanas (''A ruela'' e ''[[Vista de Delft]]''). Incluso o número de pinturas atribuídas a Vermeer varía, debido ás circunstancias nas que morreu e ó seu posterior esquecemento.
 
Vermeer destacaba na restitución da luz, da textura, da perspectiva (quizais empregaba a ''[[cámara escura]]'') e dosdas colores transparentes. CuidabaCoidaba a harmonía das cores. Nas súas obras pódese sentir o silencio dos personaxes nalgúns momentos íntimos das súas vidas. Interesouse por tódalas capas da sociedade con igual esmero, desde o retrato dunha simple leiteira traballando, ás obras nas que amosa o luxo e esplendor dos ricos burgueses da época nas súas espazosas casas. A súa pintura revela moitos aspectos da vida desta época. Na súa obra pódense atopar connotacións relixiosas e científicas.
 
Acadou certa fama na súa cidade de Delft como pintor innovador e como experto en cadros. En 1672 foi convocado á [[A Haia|Haia]] para facer unha peritación sobre unha colección de telasteas vendidas a Federico Guillerme, grande elector de [[Brandeburgo]].
 
Casou en 1653 con Catharina Bolnes, filla de Maria Thins, que dispuña de bos ingresos. Porén, as [[Provincias Unidas]] foron invadidas por [[Francia]] e logo [[Inglaterra]] declaroulles a guerra, o que repercutiu negativamente no mercado da arte en xeral, e nas finanzas dos Vermeer en particular, xa que tiñan once fillos.
 
Suponse que se perderon algunhas das súas obras porque en máis dunha ocasión tivo que entregalas para pagar as súas débedas ós tendeiros. Jan Vermeer morreu pobre, e a súa muller tivo que vender os seus cadros ó Concello para sobrevivir e manter ósos seus oito fillos aínda menores. Logo disemináronse as súas obras (algunhas chegaron a saír do país) ás veces coa firma doutros pintores para darlle máis valor. Das 35 obras recoñecidas actualmente como auténticas, só 16 levan a súa firma e unicamente dúas a data.
 
Houbo que esperar case dous séculos para que o historiador e crítico [[Joseph Théophile Thoré]] (pseudónimo de ''W. Bürger'') o rescatararescatase do esquecemento en 1842, coa axuda do marchante de arte ''John Smith''. Thoré fixo unha declaración atribuíndo 76 pinturas a Vermeer, un número que axiña foi rebaixado. A principios do século XX corrían rumores de que aínda existían pinturas de Vermeer por descubrir.
 
Non foi ata 1935 que o museo de Rotterdam lle adicoudedicou a súa primeira exposición individual.
 
== Película ==
Liña 55:
 
== Falsificacións ==
'''[[Han van Meegeren]]''' (1898-1947) foi un pintor holandés que cultivaba o estilo de pintura dos clásicos holandeses. Orixinalmente para probar que os críticos estaban equivocados acerca das súas habilidades como pintor, decidiu pintar un Vermeer falso. Máis tarde falsificou máis vermeers e obras doutros pintores, simplemente como medio de vida. Van Meegeren enganou a todo o ambiente artístico en Holanda, de forma que incluso unha das súas obras formou parte da colección que [[Hermann Göring]] creou mediante o espolio nos países ocupados de Europa durante a [[Segunda Guerra Mundial]]. A falsificación era tan boa que as autoridades holandesas o acusaron de traizón por vender bens artísticos holandeses ós nazis. Para demostrar que el mesmo era o autor do cadro en cuestión, Van Meegeren compuxo un novo cadro atribuíble a Vermeer ante o atento exame da policía holandesa. As súas habilidades para a falsificación sacudiron óo mundo da arte e fixeron máis difícil poder asegurar a autenticidade de obras atribuídas a Vermeer (as autoridades holandesas cambiaron os cargos de traizón a falsificación, polos que Van Meegeren foi condenado a dous anos de prisión).
 
== Obras ==