Cidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
m →‎Antigüidade: arranxiños
Liña 18:
No [[IV milenio a. C.|cuarto]] e [[III milenio a. C.]], civilizacións complexas prosperaban nos vales dos río de [[Mesopotamia]], [[India]], [[China]], e [[Exipto]]. As escavacións nestas áreas atoparon as [[ruínas]] de cidades orientadas diversamente cara o comercio, a política, ou a relixión. Algunhas tiveron [[densidade urbana|poboacións densas]], mais outras levaron a cabo actividades urbanas nos ámbitos da política ou relixión sen ter poboacións asociadas grandes. Entre as primeiras cidades do mundo antigo, [[Mohenjo-daro]] da civilización do Val do Indo, no actual [[Paquistán]], existindo desde ó redor do 2600 a. C., era unha das máis grandes, cunha poboación de 50.000 ou máis e un [[Saneamento da civilización do Val do Indo|sistema de saneamento moi sofisticado]].<ref>Kenoyer, Jonathan Mark (1998) ''Ancient Cities of the Indus Valley Civilization''. [[Oxford University Press]], Karachi e Nova York.</ref> As cidades chinesas planeadas foron construídas segundo principios sacros para actuar como [[Microcosmos e macrocosmos|microcosmos]] celestiais.<ref>Southall (1998), pp. 38-43.</ref> As [[Lista de cidades exipcias antigas|cidades exipcias Antigas]] coñecidas fisicamente polos arqueólogos non son exhaustivas.<ref name=Smith2002>Smith, "[http://www.public.asu.edu/~mesmith9/1-CompleteSet/MES-02-EarlyCities.pdf Earliest Cities]", en Gmelch & Zenner (2002).</ref> Inclúen (coñecidas polos seus nomes árabes) a [[El Lahun]], unha cidade de traballadores asociada coa pirámide de [[Sesostris II]], e a cidade relixiosa [[Amarna]] construída por [[Akhenatón]] e abandonada. Estes sitios aparecen planeados cun alto regulamento e cun tipo de [[estratificación social|estratificación]], cun enreixado minimalístico de habitacións para os traballadores e incrementalmente máis casas elaboradas dispoñibles para as clases máis altas.<ref>Moholy-Nagy (1968), pp. 158-161.</ref>
 
En Mesopotamia, a civilización [[Sumeria]], seguida de [[Asiria]] e [[Babilonia]], crearon un gran número de cidades, gobernadas por reis e promovendo múltiples linguas escritas en [[escrita cuneiforme]].<ref>[[Robert McCormick Adams Jr.]], ''[https://oi.uchicago.edu/sites/oi.uchicago.edu/files/uploads/shared/docs/heartland_of_cities.pdf Heartland of Cities: Surveys of Ancient Settlement and Land Use on the Central Floodplain of the Euphrates]''; University of Chicago Press, 1981; {{ISBN|0-226-00544-5}}; p. 2. "O sur de Mesopotamia era unha terra de cidades. Converteuse con precocidade, antes da fin do cuarto milenio a.C. As tradicións urbanas mantivéronse fortes e virtualmente continuas a través das vicisitudes de conquista, axitacións internas acompañadas por crise económica xeneralizada, e substitución lingüística masiva e de poboación. O contido simbólico e material da civilización evidentemente cambiou, mais o seu ambiente cultural quedou ligado ás cidades."</ref> O imperio comecial [[FeniciaFenicios|fenicio]], prosperando ao redor da do [[primeiroI milenio a. C.]], abarcou [[Lista de cidades fenicias|numerosas cidades]] estendéndose dende [[Tiro]], [[Cido]], e [[Biblos]] a [[Cartago]] e [[Cádiz]].
 
Nos séculos seguintes, [[Cidade-estado|cidades-estado]] independentes de [[Grecia antiga|Grecia]] desenvolveron a ''[[polis]]'', unha asociación de terratenentes [[Cidadanía|cidadáns]] que colectivamente constituíron a cidade.<ref name=tws2Y21>{{Cita libro | last = Pocock | first = J. G. A. | title = The Citizenship Debates | publisher = The University of Minnesota | series = Chapter 2 -- The Ideal of Citizenship since Classical Times (originally published in ''Queen's Quarterly'' 99, no. 1) | year = 1998 | location = Minneapolis, MN | page = 31 | url = https://books.google.com/books?id=i6U7CTuCJLYC&pg=PA31 | isbn = 0-8166-2880-7}}</ref> A [[ágora]], que significa "sitio de reunión" ou "asemblea", era o centro atlético, artístico, de vida espiritual e política da polis.<ref name=InternationalDictionary>{{Cita libro |title = International Dictionary of Historic Places: Southern Europe | last=Ring, Salkin, Boda | first=Trudy, Robert, Sharon | publisher = Routledge|date = January 1, 1996 | page = 66 | isbn=978-1-884964-02-2}}</ref> O aumento de poder de Roma levou á súa poboación ata un millón de habitantes. Baixo a autoridade [[Imperio Romano|do seu imperio]], Roma transformouse e [[Lista das cidades fundadas polos romanos|fundou]] moitas cidades (''[[Colonia romana|coloniae]]''), e con eles levaron os seus principios de arquitectura urbana, deseño, e sociedade.<ref>Kaplan et al. (2004), pp. 41–42. "Rome created an elaborate urban system. Roman colonies were organized as a means of securing Roman territory. The first thing that Romans did when they conquered new territories was to establish cities."</ref>