Universidade de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 88:
O número de carreiras e de estudantes increméntase significativamente. Tamén ten lugar no ano [[1913]] a incorporación da [[muller]] aos [[estudo]]s universitarios, sendo as pioneiras en Galiza [[Elisa Fernández de la Vega|Elisa]] e [[Jimena Fernández de la Vega]], que obtiveron o premio extraordinario de medicina no ano [[1919]].
 
A vida estudantil na Compostela da época é recreada por [[Alejandro Pérez Lugín]] na súa coñecida obra ''[[La Casa de la Troya (novela)|La casa de la Troya]]'', publicada en [[1915]].
 
O incremento de carreiras e estudantes fai necesaria unha maior dotación de infraestruturas. Así, constrúense os edificios do Colexio de Veterinaria (actual [[Parlamento de Galiza]]), do Colexio de Xordomudos (sede actual da [[Xunta de Galiza]]), e da Facultade de Medicina; tamén se amplía o edificio da universidade (actual Facultade de Xeografía e Historia). Na década de [[1930]] acométese o proxecto da Residencia Universitaria. O fondo bibliográfico da Biblioteca Universitaria vese incrementado notablemente con doazóns importantes como foi a da Biblioteca América.