Hoel II da Bretaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
'''Hoel II da Bretaña''' (Hoel de Cornualles ou máis propiamente Hoel V de Cornualles), chamado '''Houel Huuel''' en [[Lingua bretoa|bretón]], nado c. [[1030]]<ref name="Jean">Jean-Christophe Cassard, ''Houel Huuel : comte de Cornouaille puis duc de Bretagne (circa 1030-1084)'', volume CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), pp. 95-117</ref> e finado en [[Kemper]] o [[13 de abril]] de [[1084]], fillo maior de [[Alan Canhiart]], [[Condado de Cornualles|conde de Cornualles]], e [[Xudit de Nantes]], filla e herdeira de [[Judicael de Nantes|Judicael]], [[Condado de Nantes|conde de Nantes]], foi conde de Cornualles e Nantes, e despois [[Ducado da Bretaña|duque da Bretaña]] de [[1066]] a [[1084]].
== Traxectoria ==
Converteuse en conde de Cornualles á morte do seu pai en [[1058]], e en conde de Nantes, que xa administraba antes da morte da súa nai Xudit, en [[1063]]. Para fortalecer o control da casa de Cornualles sobre Nantes, fixo elixir ([[1059]]) e logo consagrar ([[1061]]) ao seu irmán menor Guerech de Cornualles como bispo da cidade ao seu irmanirmán pequeno Guerech II de Cornualles (o bispo [[Guerech II de Nantes]]). Á morte de Guerech o [[31 de xullo|31 de xullo de]] [[1079]], o seu segundo irmán [[Bieito de Cornualles]], abade de Santa Cruz de [[Quimperlé]] desde [[1066]], sucedeuno á fronte do bispado.
 
Antes do [[1058]], Hoel casara con [[Havoisa da Bretaña|Havoisa de Bretaña]], filla do duque [[Alan III da Bretaña]] e irmá de [[Conan II da Bretaña|Conan II]]. Á morte deste último, Havoisa herdouno e Hoel converteuse en duque consorte da Bretaña [[11 de decembro|o 11 de decembro de]] de [[1066]]. Só o [[condado de Rennes]] escapou da súa autoridade, ao ter sido entregado a [[Geoffroy Grenonat]], un fillo ilexítimo de Alan III da Bretaña.
 
Durante o principado de Hoel, os señores bretóns que participaran na conquista de [[Inglaterra]] con [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o conquistador]] gañaron feudos importantes na nova conquista. Foi nesta ocasión cando Alan, fillo de [[Eudón de Porhoët]], obtivo o [[condado de Richmond]]<ref>Chédeville, Tonnerre, op. cit., p. 78.</ref>.
 
O comezo do seu reinado foi tranquilo, pero a súa muller Havoisa morreu en [[1072]]. Hoel tivo que afrontar, entre [[1075]] e [[1077]], un levantamento dos señores bretóns dirixidos por [[Geoffroy Boterel]] (fillo de Odon[[Odón de Penthièvre]]), Geoffroy Grenonat (fillo de Alan III), [[Eudón I de Porhoët]] e outros señores da Alta Bretaña, mesmo do seu patrimonio de Cornualles. Hoel só liquidou a sublevación coa axuda de [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o conquistador]] e a intervención nos combates do seu fillo maior [[Alan IV da Bretaña|Alan IV Fergent]].
 
O duque Hoel residía en [[Quimper]] e en [[Nantes, Francia|Nantes]] coa súa corte. Hoel faleceu o 13 de abril de 1084<ref name="Jean">Jean-Christophe Cassard, ''Houel Huuel: comte de Cornouaille puis duc de Bretagne (circa 1030-1084)'', volume CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), pp. 95-117</ref>.