Diferenzas entre revisións de «Hoel II da Bretaña»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
Etiqueta: edición de código 2017
{{biografía}}
'''Hoel II da Bretaña''' (Hoel de Cornualles ou máis propiamente Hoel V de Cornualles), chamado '''Houel Huuel''' en [[Lingua bretoa|bretón]], nado c. [[1030]]<ref name="Jean">Jean-Christophe Cassard, ''Houel Huuel : comte de Cornouaille puis duc de Bretagne (circa 1030-1084)'', volumvolume CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), pàgspp. 95-117</ref> e finado o [[13 de abril]] de [[1084]], fillo maior de [[Alan Canhiart]], [[Condado de Cornualles|conde de Cornualles]], e [[Xudit de Nantes]], filla e herdeira de [[Judicael de Nantes|Judicael]], [[Condado de Nantes|conde de Nantes]], foi conde de Cornualles e Nantes, e despois [[Ducado da Bretaña|duque da Bretaña]] de [[1066]] a [[1084]].
 
== Traxectoria ==
Converteuse en conde de Cornualles á morte do seu pai en [[1058]], e en conde de Nantes, que xa administraba antes da morte da súa nai Xudit, en [[1063]]. Para fortalecer o control da casa de Cornualles sobre Nantes, fixo elixir ([[1059]]) e logo consagrar ([[1061]]) ao seu irmán menor Guerech de Cornualles como bispo da cidade ao seu irman pequeno Guerech II de Cornualles (o bispo Guerech II de Nantes). Á morte de Guerech o [[31 de xullo|31 de xullo de]] [[1079]], o seu segundo irmán Bieito de Cornualles, abade de Santa Cruz de Quimperlé desde [[1066]], sucedeuno á fronte do bispado.
Antes do [[1058]], Hoel casara con [[Havoisa da Bretaña|Havoisa de Bretaña]], filla do duque Alan III da Bretaña e irmá de [[Conan II da Bretaña|Conan II]]. Á morte deste último, Havoisa herdouno e Hoel converteuse en duque consorte da Bretaña [[11 de decembro|o 11 de decembro de]] [[1066]]. Só o condado de Rennes escapou da súa autoridade, ao ter sido entregado a Geoffroy Grenonat, un fillo ilexítimo de Alan III da Bretaña.
 
Durante o principado de Hoel, os señores bretóns que participaran na conquista de [[Inglaterra]] con [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o conquistador]] gañaron feudos importantes na nova conquista. Foi nesta ocasión cando Alan, fillo de Eudón de Porhoët, obtivo o condado de Richmond<ref>Chédeville, Tonnerre, op. cit., pàgp. 78.</ref>.
 
O comezo do seu reinado foi tranquilo, pero a súa muller Havoisa morreu en [[1072]]. Hoel tivo que afrontar, entre [[1075]] e [[1077]], un levantamento dos señores bretóns dirixidos por Geoffroy Boterel (fillo de Odon de Penthièvre), Geoffroy Grenonat (fillo de Alan III), Eudón I de Porhoët e outros señores da Alta Bretaña, mesmo do seu patrimonio de Cornualles. Hoel só liquidou a sublevación coa axuda de [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme o conquistador]] e a intervención nos combates do seu fillo maior [[Alan IV da Bretaña|Alan IV Fergent]].
 
O duque Hoel residía en [[Quimper]] e en [[Nantes, Francia|Nantes]] coa súa corte. Hoel faleceu o 13 de abril de 1084<ref name="Jean">Jean-Christophe Cassard, ''Houel Huuel : comte de Cornouaille puis duc de Bretagne (circa 1030-1084)'', volumvolume CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), pàgspp. 95-117</ref>.
 
=== Matrimonio e fillos ===
Da súa unión antes de [[1058]] con Havoisa de Bretaña naceron cinco nenos:
 
# [[Alan IV da Bretaña|Alan IV Fergent]], duque da [[Bretaña (rexión histórica)|Bretaña]].
# Matías II da Bretaña, conde de Nantes.
53.288

edicións