Decadencia do Imperio Romano: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiños |
Arranxiños |
||
Liña 1:
[[Ficheiro:Roma.Porta Maggiore incisione Piranesi.jpg|miniatura|A [[Porta Maggiore]] de [[Roma]]. Gravado de [[Giovanni Battista Piranesi]] ([[1775]]).]]'''A decadencia e caída do [[Imperio Romano de Occidente|Imperio romano]]''' é un concepto historiográfico que fai referencia ás transformacións operadas durante a [[Anarquía Militar]] e o [[Baixo Imperio Romano]], que a partir de [[395]] conduciron a unha rápida deterioración do poder romano, e ao afundimento do [[Imperio Romano de Occidente|Imperio de Occidente]], cuxo derradeiro emperador efectivo, [[Rómulo Augústulo]], foi deposto polo caudillo [[hérulo]] [[Odoacro]], empregado ao servizo de Roma.
A decadencia e caída do Imperio Romano é unha das cuestións máis debatidas e estudadas da [[Historia]]. É considerada por algúns como ''"o maior enigma de todos"'', e foi un dos eixos do discurso histórico clásico dende [[Santo]] [[Agostiño de Hipona]]. A ruína da -Roma eterna- perdurou como o paradigma por excelencia do esgotamento e morte das civilizacións, unha caducidade mundana interpretada como o precedente e anuncio da [[Fin da civilización|fin do mundo]] ou, polo menos, da [[civilización occidental]]. Os ss. [[Século XX|XX]] e [[Século XXI|XXI]] viron multiplicarse o interese por este problema histórico, debido probablemente ao feito de que a civilización contemporánea ten moitos trazos comúns coa da [[
A [[historiografía]] oscilou entre unha interpretación minimalista (a interrupción da serie de emperadores na parte occidental do Imperio) e unha maximalista (o afundimento dunha civilización e a creba dunha [[historia do mundo]] dividida en dúas etapas: unha antiga-pagá e outra moderna-cristiá). De igual xeito, dun extremo ao outro do espectro de teorías propostas, considerouse o proceso como unha longa transformación debida a fenómenos endóxenos (a "decadencia") ou un derrumbamento de súpeto por causas fundamentalmente esóxenas (a "caída").
|